Xove, 2 de maio, 2026. A Agrupación Socialista de Xove valorou a recente visita da conselleira de Industria ao municipio con motivo do anuncio da ampliación do polígono industrial. Segundo o grupo socialista, trátase dunha noticia positiva para Xove, aínda que consideran “curioso” que este tipo de anuncios se produzan sempre nas mesmas datas e expresan dúbidas sobre que non quede “nun simple anuncio acompañado dunha foto”.
O PSdeG lembra que, ao seu xuízo, nos últimos vinte anos a Xunta de Galicia limitouse a realizar visitas e promesas que non se materializaron, citando como exemplo os pantaláns do Portiño de Morás, comprometidos no ano 2007. Por este motivo, o grupo socialista pregunta ao presidente da Xunta e ao alcalde de Xove que investimentos concretos se executaron no municipio durante estas dúas décadas.
En relación coa ampliación do polígono de Camba, o PSdeG considera que o anuncio non resolve os principais retos que presenta esta área industrial. O grupo sinala tres carencias fundamentais:
Abastecemento de auga: afirman que o polígono non ten garantido un subministro estable e que non se contempla ningunha mellora neste servizo básico.
Depuración de residuos: denuncian que o polígono carece de depuradora, algo que consideran inaceptable no século XXI.
Accesos deficientes: lembran que os accesos actuais son os mesmos de hai cincuenta anos e que o proxecto inicial da VAC da Mariña incluía unha conexión directa co polígono, finalmente eliminada. Tamén apuntan que no ano 1999 estaba prevista unha vía de alta capacidade para unir o Portiño de Morás, Alcoa, o casco urbano e o polígono, un proxecto que —segundo indican— permanece paralizado desde 2007.
O PSdeG critica ademais a falta de transparencia na organización da visita institucional, xa que —aseguran— nin o BNG nin o propio grupo socialista foron informados, a pesar de representar tamén unha parte da veciñanza.
A agrupación conclúe que o actual goberno municipal e a Xunta continúan acumulando “fotos e promesas que non se cumpren” e reclama feitos concretos no canto de novos anuncios.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



