Ribadeo, 3 de maio de 2026. O vindeiro mércores, 6 de maio, ás 12:00 horas, na Praza de Abastos de Ribadeo, terá lugar a Másterclass Armonía de Viños, impartida por Alberto Vega, que é sumiller.
A actividade enmárcase no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico de tapas, que organizan o Concello e Acisa.
Trátase dunha actividade especialmente orientada ao sector hostaleiro, concibida como un espazo de formación e intercambio arredor da harmonía entre bebidas e gastronomía. Durante a sesión os asistentes catarán viño branco, viño tinto e diferentes cervexas, e recibirán consellos e orientacións sobre combinacións de sabores con distintas bebidas, “co obxectivo de achegar ferramentas útiles para a aplicación práctica na hostalaría e para mellorar a experiencia gastronómica dos clientes”, explican desde a asociación Cociñeiros Lugo.
E subliñan que “esta Másterclass busca aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe”.
Desde o Concello e Acisa animan “ao sector hostaleiro de Ribadeo a acudir a esta Másterclass, que se celebrará na Praza de Abastos este mércores, 6 de maio, a partr das 12 do mediodía”.
O Ribadeo Sabe ultima os detalles desta renovada edición, que se desenvolverá do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros ribadenses”.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



