Ribadeo, 20 de maio de 2026. O auditorio Hernán Naval acollerá este sábado, 23 de maio, a presentación da Fundación Sergio Villar. Será nun acto que está previsto para as 18:00 horas.
Sergio Villar foi un dos catro rapaces ribadenses que faleceron nun accidente de tráfico ocorrido en abril de 2023 en Xove. Os seus proxenitores decidiron poñer en marcha a Fundación que leva o seu nome na Coruña, cidade á que se trasladaron tras a dolorosa perda. O seu traballo e os seus fins foron presentados o ano pasado nun acto ao que asistiu a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra: “hace un año tuve la oportunidad de acompañar a los padres de Sergio en la presentación de la Fundación en A Coruña. Fue para mí un orgullo haber estado a su lado en ese momento y lo será todavía más este sábado, 23 de mayo, jornada en la que asistiremos al entrañable acto de presentación de la labor que están llevando a cabo en su querido Ribadeo”.
A edil ribadense subliña que “en Ribadeo nos sentimos orgullosos de Sergio Villar y de su familia, queremos seguir estando a su lado en esta andadura y que todas las vecinas y vecinos de nuestra villa conozcan la labor que llevan a cabo desde la Fundación”.
Elena Sierra anima “a las vecinas y vecinos de Ribadeo, a todos los amigos y compañeros de esta querida familia a acompañarlos y a abrazarlos con su presencia este sábado, día 23, en el auditorio Hernán Naval a partir de las seis de la tarde”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



