Trabada, 4 de maio de 2026. A VII Festa da Enfariñada, celebrada este domingo en Trabada, volveu converterse nun éxito rotundo ao reunir a centos de persoas arredor da gastronomía e das tradicións locais. O alcalde, Rubén García, destacou a elevada participación e a consolidación desta cita como un dos eventos máis relevantes da Mariña lucense, con 750 racións servidas nas súas diferentes versións: tradicional, sen glute e a novidade deste ano, a enfariñada con bonito de Burela elaborada polo colectivo Ledicia.
A celebración contou tamén cun mercado de produtos locais e cun amplo programa musical que contribuíu a crear un ambiente festivo durante toda a xornada. García agradeceu de maneira especial a implicación da veciñanza e das persoas voluntarias que fixeron posible o desenvolvemento da festa, subliñando que “sen a súa colaboración non sería posible seguir facendo medrar esta celebración e manter viva a nosa tradición”.
A Presidenta da Deputación, Carmela López, participou tamén na festa acompañada do alcalde, de representantes municipais da contorna e da veciñanza. López salientou que a institución provincial achega 10.000 euros a esta iniciativa, “que é un exemplo do valor das nosas tradicións populares e da capacidade da xente de manter vivas as citas que forman parte da nosa identidade colectiva”.
A presidenta destacou ademais que a Enfariñada funciona como un elemento de identidade local que pon en valor o patrimonio cultural, reforza o tecido comunitario e contribúe á dinamización social e turística do concello. “Colaboramos coa Enfariñada respondendo ao noso compromiso co tecido asociativo e coas festas tradicionais, fundamentais para impulsar o equilibrio territorial da provincia”, engadiu.
A sétima edición da festa reafirma así o seu papel como un referente no calendario festivo da comarca, combinando tradición, gastronomía e participación cidadá.





















O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



