A lexislatura está rematada. Non porque o diga a oposición, nin porque o diga un faladoiro, nin porque o diga unha enquisa. Está rematada porque perdeu o elemento esencial que permite gobernar unha democracia: a credibilidade.
En política pódese sobrevivir a unha mala semana, a unha votación perdida, a un erro de cálculo ou mesmo a unha crise de goberno. O que non se pode sobrevivir eternamente é á perda de autoridade. E hoxe a Administración Sánchez ten un problema máis fondo que a aritmética parlamentaria: ten un problema de confianza. Xa non se trata só de cantos deputados apoian ou deixan de apoiar unha lei. Trátase de que o Congreso dos Deputados entrou nunha especie de coma político, nun KO técnico no que nada avanza con normalidade, todo se negocia ao límite e calquera votación se converte nun mercado persa de supervivencia.
Un Estado serio non pode funcionar así. Non pode vivir instalado no xoves permanente da intriga parlamentaria. Non pode converter cada decreto, cada transposición europea, cada lei necesaria, nunha poxa de última hora. Porque mentres o Goberno aguanta, a Administración atasca; mentres a Moncloa calcula, os cidadáns esperan; mentres os partidos fan teatro, as leis quedan paradas.
E non falamos de cuestións menores. España ten enriba da mesa decenas de normas europeas pendentes. Segundo os datos recollidos pola Oficina do Parlamento Europeo en España, en 2026 seguían en tramitación 52 iniciativas lexislativas vinculadas a Europa, 23 delas para traspoñer directivas ou adaptarse a regulamentos europeos. Ademais, España acumulaba 101 directivas pendentes de transposición, 50 delas xa fóra de prazo, con expedientes de infracción susceptibles de sanción. Non é unha anécdota burocrática. É unha radiografía dun Estado que chega tarde.
Aí está, por exemplo, a transposición do novo sistema europeo de comercio de emisións, o chamado ETS2, imprescindible para desbloquear fondos do Plan Social para o Clima, con arredor de 9.000 millóns de euros en axudas para mobilidade limpa, vivenda e eficiencia enerxética. Unha norma con impacto directo sobre fogares, autónomos, pemes e medio rural continúa atrapada na lóxica do bloqueo parlamentario. Europa abre a porta; España non atopa a chave.
Aí está tamén a transposición da Directiva NIS2 de ciberseguridade, clave para protexer sectores críticos, administracións públicas, transporte, enerxía, saúde, infraestruturas dixitais e empresas estratéxicas. Nun tempo no que un ciberataque pode paralizar hospitais, concellos, portos ou redes industriais, España segue chegando tarde ao seu propio escudo dixital.
Aí está a reforma do Código Penal para sancionar o incumprimento das medidas restritivas da Unión Europea, necesaria para perseguir a quen burla sancións comunitarias. Aí está a lei de intercambio de información entre servizos de seguridade e aduanas dos Estados membros, fundamental para a cooperación policial europea. Aí están a Lei de Familias, a Lei de Industria e Autonomía Estratéxica, a compatibilidade da pensión de xubilación co traballo, ou proxectos que levan meses e meses vivindo na estación intermedia das emendas, das prórrogas e da parálise.
Isto é o KO técnico do Congreso: cando a Cámara segue aberta, pero xa non produce confianza; cando hai sesións, pero non hai dirección; cando hai maiorías ocasionais, pero non hai proxecto de país. E cando iso pasa, o democrático non é agarrarse ao sillón con cinta americana. O democrático é devolverlle a palabra á xente.
Porque non facer nada tamén é facer política. Aguantar a calquera prezo tamén ten consecuencias. E unha delas é evidente: alimentar a Abascal e á súa corte. Cando a política útil desaparece, medra a política do berro. Cando as institucións parecen un atasco, gaña quen promete dinamitalas. Cando a cidadanía ve un Congreso bloqueado, unha Administración sen credibilidade e un Goberno dedicado a sobrevivir, o populismo atopa o seu mellor fertilizante.
Por iso o lóxico é convocar eleccións. Non por capricho, nin por interese partidario, senón por hixiene democrática. Que fale a xente. Que decida a quen cre, a quen lle entrega a confianza e quen debe pilotar unha nova etapa. Porque España non precisa máis teatro de resistencia. Precisa goberno, dirección, estabilidade e credibilidade.
E sen credibilidade, non hai lexislatura. Hai prórroga. E as prórrogas, en política, cando se alongan demasiado, acaban sempre en derrota.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG
Consello do Partido Demócrata Europeo
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



