A alcaldesa destaca que a nova flota permitirá “seguir mellorando un servizo esencial para a veciñanza cun sistema máis moderno, eficaz e adaptado ás necesidades actuais do municipio”
Vilalba, 15 de maio de 2026. O Concello de Vilalba presentou hoxe o conxunto completo da nova maquinaria incorporada ao servizo municipal de recollida de residuos e limpeza viaria, un paso que culmina a renovación integral prevista no novo contrato do lixo. A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Servizos Públicos Municipais, Eduardo Vidal, participaron no acto xunto á UTE Vilalba.
Esta presentación completa a realizada meses atrás, cando xa entraran en funcionamento varios dos novos vehículos, e permite dispoñer agora dunha flota totalmente renovada, adaptada ás necesidades tanto do casco urbano como das parroquias.
Un salto na calidade do servizo
Rouco destacou que esta renovación “supón un salto importante na calidade do servizo”, cun sistema máis moderno, eficiente e preparado para responder ás demandas actuais. Lembrou tamén que a mellora da limpeza e da recollida de residuos era “un dos grandes obxectivos do goberno local”, e que o cambio xa se percibe na rúa.
Maquinaria de última xeración
A nova flota inclúe:
Recolectores de carga lateral compactadores para uso urbano e rural
Vehículos específicos para voluminosos
Equipos de baldeo e limpeza intensiva
Maquinaria auxiliar para actuacións rápidas
Vehículos eléctricos para zonas sensibles
O sistema incorpora melloras en impacto ambiental, redución de ruído, eficiencia operativa e seguridade laboral.
Un investimento de máis de 2,1 millóns de euros
O concelleiro Eduardo Vidal subliñou o “importante esforzo inversor” realizado, con máis de 2,1 millóns de euros destinados á renovación da maquinaria vinculada á recollida e á limpeza viaria. “Por primeira vez en moitos anos contamos cunha flota acorde ás dimensións e necesidades reais de Vilalba”, afirmou.
Melloras tamén no rural
En paralelo, continúan os traballos de instalación de bases de formigón e sistemas suxeita-contedores nas parroquias, actuacións que están mellorando a seguridade viaria e a operatividade da recollida no rural.
A alcaldesa concluíu que o obxectivo é avanzar cara a “un modelo de servizo máis eficaz, sostible e adaptado ao municipio que queremos seguir construíndo”.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



