A actuación enmárcase nun plan de melloras parroquiais en infraestruturas, alumeado e camiños que se estenderá ata 2027
Tapia de Casariego, 23 de xuño de 2026. A Roda porá en funcionamento, o vindeiro domingo 5 de xullo, o seu Centro Cultural tras unha ambiciosa rehabilitación integral. A peza central da reforma foi a renovación da cuberta do inmoble, unha actuación posible grazas a unha inversión de 48.000 euros procedentes dos fondos LEADER.
Ademais desta achega europea, e co obxectivo de garantir un uso óptimo das instalacións por parte da veciñanza, o Concello destinou 24.000 euros de fondos propios. Esta inversión municipal complementaria dirixiuse ao drenaxe do edificio, á adecuación do entorno, á carpintaría, á instalación eléctrica e á rehabilitación integral tanto da planta baixa como da planta superior. Con todo isto, o orzamento total destinado exclusivamente ao Centro Cultural ascende a 72.000 euros.
Un plan global de investimentos para a parroquia
Esta intervención no Centro Cultural non é un feito illado, senón que forma parte dun paquete global de investimentos que o Concello vén executando na parroquia ao longo da presente lexislatura, e que contempla un calendario de actuacións ata 2027.
Obras xa executadas na lexislatura:
Mellora da pista de Bustello (13.000 €).
Renovación da traída de auga en Pellogra, Chao do Eira e Villarín (47.977 €).
Novo alumeado público en San Xulián (3.000 €).
Reacondicionamento de estruturas metálicas e instalación de novas redes nas porterías da pista de fútbol situada ao lado da Igrexa Parroquial.
Previsións para o ano actual (2026):
Aprobación da inversión para a estrada Baodecangas / A Roda (36.000 €).
Renovación de 40 farois no entorno da Praza (6.000 €).
Dotación de novos bancos para o Miradoiro do Monte.
Planificación para 2027
De cara ao próximo ano, o Concello ten consignada unha partida de 48.000 euros para a reparación das pistas veciñais da parroquia, concretamente nos seguintes tramos:
Vía Ron – Llouguís cara ao Convento.
Ramal desde a Carpintaría cara á pista de Bustello.
Ramal de Pellogra cara á estrada da Veguiña.
Unha vez finalizados estes traballos, a previsión municipal é intervir de maneira inmediata na pista que conecta o Convento con As Cereixeiras.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



