Ribadeo, 23 de xuño, 2026. Esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28, celebrarase en Ribadeo a décimo cuarta edición do Curso de Jazz e Música Moderna. Nesta ocasión está dedicado ao centenario do nacemento do destacado músico estadounidense Miles Davis e aínda quedan algunhas prazas libres para participar. O prazo de inscrición está aberto ata este mércores, día 24 de xuño.
Esta actividade está organizada pola asociación cultural ribadense Bruar e o presidente do colectivo, Rubén Solloso, explica que vai desenvolverse en horario de mañá e de tarde e será impartido por cinco profesores de distintas especialidades: “vamos seguir coa estrutura de anos anteriores. Contamos con cinco profesores de cinco especialidades distintas, como son voz, guitarra, vento e temos tamén un baterista e un profesor de piano. Varios deles xa estiveron en edicións anteriores deste curso e outros participan por primeira vez. Repiten o profesor de piano, que vai a ser Javier Constenla, unha persoa cunha ampla bagaxe no mundo da educación dentro do jazz. No apartado de instrumentos de vento tamén volve Pablo Castaño, que estivo o ano pasado; é un saxofonista residente en Brasil e aproveitamos a súa estancia no verán aquí para que poida participar no curso. Repite tamén a profesora de canto Carmen Rey, que estivo no anos 2023 e 2024; é unha rapaza residente na Coruña e que ten unha grandísima traxectoria tanto no apartado da divulgación e do ensino como sobre os escenarios en todo ámbito galego. E como novidade este ano vén un baterista que se chama Lar Legido e é o baterista de grupos como Sumrrá e ademais a ten unha vertente de performance que é moi interesante e que creo que non vai deixar indiferente a ninguén dos alumnos que participen nesta sección de batería. E por último temos a Marco Martínez, que é un profesor de guitarra cunha grandísima fama; xa hai moito tempo que me falaron del e levaba tentando traelo varios anos, pero nunca conseguíamos coincidir en datas. Reside en Oviedo, ten unha escola propia que organiza moitos concertos e cursos, como o seminario de jazz de Siero que leva facendo durante vinte tantos anos e por iso é moi interesante, porque ten moi moita experiencia neste tipo de cursos de poucos días”.
Rubén Solloso explica tamén que “o curso será durante tres xornadas, como en anteriores edicións. Será os días 26, 27 e 28 de xuño, venres, sábado e domingo. Faremos un concerto de clausura ese domingo ás 20:00 horas no Parque de San Francisco e no caso de que o tempo non nos acompañe trasladarémonos ao Cine Teatro, como fixemos na edición do ano pasado”.
En canto á matrícula Solloso comenta que “os prezos creo que son moi asequibles. Temos tarifas especiais para xente que é socio ou socia da Asociación Cultural Bruar, que pagará 60 euros. Hai un prezo tamén un pouco máis económico para todo o alumnado da Escola Municipal de Música de Ribadeo, que é de 70 euros; e para o resto de xente serán 80 euros polos tres días”.
O presidente da asociación Bruar tamén anunciou que “como novidade, este ano faremos un concerto de profesores. Era algo que viñamos buscando durante estas últimas edicións do curso, desde que se formou a asociación, e farase o sábado ás 20:30 horas. Eu creo que é moi interesante porque conseguiremos xuntar a cinco músicos que non soen reunirse se non é e nunha ocasión así e preparar un programa que creo que será moi vistoso para que poida disfrutar tanto o alumnado participante do curso como toda a poboación de Ribadeo e os visitantes”.
O prazo de inscrición no curso está aberto ata este mércores, día 24 de xuño, e as persoas interesadas en máis información e para matricularse poden contactar con Rubén Solloso a través do teléfono 677.73.40.84.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


