Foz, 13 de xuño, 2026. O voceiro municipal do BNG de Foz, Francisco Xavier Fanego, defendeu o voto favorable da formación aos orzamentos municipais de 2026, que cualificou como “un exercicio de responsabilidade política para evitar que Foz continuase outro ano máis con contas prorrogadas”. Subliñou que non son os orzamentos que faría o BNG nin comparten plenamente as prioridades do documento, pero consideraron que o peor escenario sería manter a prórroga e a improvisación constante.
Fanego lembrou que o BNG leva máis dun ano reclamando novos orzamentos e advertiu de que estes chegan tarde e condicionados, aínda que necesarios para que o Concello poida funcionar con normalidade. Lamentou tamén que o goberno local non recoñeza o papel negociador do BNG, asegurando que a súa postura responde ao interese xeral e non ao cálculo electoral.
O portavoz explicou que o apoio do BNG non implica adhesión ao modelo de xestión do goberno, e destacou as melloras que intentaron incorporar: máis axudas ás entidades sociais, reforzo das subvencións deportivas, investimentos vinculados ao deporte municipal, creación da figura do técnico de deportes, apoio á protectora de animais e melloras en servizos básicos como a recollida de lixo. Valorou positivamente o incremento das subvencións deportivas ata 75.000 euros, os 12.000 euros de investimento para o Clube Kayak e os 10.000 euros destinados á protectora de animais.
O BNG agradeceu o traballo dos servizos técnicos municipais —Intervención, Tesourería e demais departamentos— pola información facilitada e pola seguridade xurídica que achegan ao proceso. Fanego insistiu en que a crítica do BNG é política, non técnica.
Con todo, advertiu de que o voto favorable “non é un cheque en branco”. Lembrou que o informe de Intervención inclúe advertencias sobre o atraso na aprobación, o condicionamento polo Plan Económico-Financeiro, a necesidade de prudencia no gasto, cuestións de persoal, investimentos pouco concretados e falta de consignación no capítulo 8. Mostrou tamén reservas sobre o destino do canon da nova concesionaria da auga, que consideran que debería dedicarse a investimentos no ciclo da auga e non a gasto corrente.
Fanego respondeu ás críticas do PP, ás que cualificou de contraditorias, ao pedir máis gasto en múltiples áreas mentres cuestionan a previsión de ingresos. “Non se pode pedir máis de todo e negar ao mesmo tempo a base económica para financialo”, afirmou.
O BNG recoñece que a capacidade investidora é limitada, pero defende que optaron por unha posición útil: negociar melloras e permitir que o Concello saia da prórroga. Fanego insistiu en que serán esixentes coa execución orzamentaria e advertiu de que non permitirán que se repitan atrasos nos pagos a empresas e profesionais que traballan para o Concello.
Finalmente, reivindicou o papel do BNG como forza responsable e útil para Foz: “Votamos a favor porque Foz precisa orzamento e porque o interese xeral debe estar por riba do cálculo partidista. Seguiremos fiscalizando e defendendo que os recursos municipais se empreguen con rigor, equilibrio e planificación”.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



