Cun total de 6 propostas distribuidas en diferentes datas e localizacións os participantes poderán descubrir a riqueza e singularidade do territorio
Barreiros, 3 de xullo de 2026. O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas “Barreiros queda en ti” durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.
A Alcaldesa, Ana Ermida, explica que “Barreiros é un concello cun patrimonio en gran parte descoñecido. As visitas guiadas son unha das maneiras máis enriquecedoras de coñecelo e comprendelo, permitindo ademáis aos participantes conectar emocionalmente co lugar.” E engade que “deste xeito non só se divulga o seu valor, senón que tamén se fomenta a súa conservación”.
A través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións os participantes terán unha oportunidade excelente para coñecer Barreiros da man de guías e anfitrións que nos descubrirán detalles, lugares e historias locais aportando novas perspectivas sobre a singularidade do territorio.
Nesta edición o programa consta das seguintes 6 propostas distribuídas nun total de 15 datas ao longo do verán:
– “A vida aos pés do Mar Pequeno”. Unha ruta aos pés da ría aproveitando a baixamar para coñecer máis de preto este espazo natural desde o punto de vista ambiental pero tamén cultural. A beleza paisaxística deste espazo será o marco para descubrir os seus numerosos valores.
– “O día a día dun gandeiro”. Ás xa tradicionais visitas á gandaría Mantoño Holstein en San Xusto de Cabarcos, este ano únese ao programa a gandaría Cid de Vilamartín Pequeno. A través de calquera delas poderemos coñecer a labor diaria da produción de leite, unha das actividades económicas máis representativas de Barreiros ao longo da súa historia, e que contribúe a seguir mantendo o rural vivo.
– Rutas xeolóxicas “Litoral de Barreiros”. Esta edición 2026 tamén trae novidades a esta modalidade de visita, estreando un novo percorrido denominado “A forza das ondas, a forma da costa”, que terá lugar entre as praias de Remior e San Bartolo permitíndonos coñecer a historia xeolóxica deste sector costeiro e a interpretar a súa evolución. Ademais, mantense o habitual itinerario pola parte oriental do municipio que estará concentrado entre as praias de Fontela-Valea e A Pasada e que pasa a denominarse “Entre furnas e pregues”. Neste caso terá como protagonistas ao pregue xeolóxico situado na praia canina de Punta Corveira e ás formacións rochosas singulares deste sector costeiro.
– San Miguel de Reinante, pasado moi presente. Un paseo polo San Miguel urbano e rural no que se fará unha retrospectiva sobre a vida no pobo a través de diferentes vestixios patrimoniais que son testemuñas do pasado destacando, en número, as edificacións indianas.
Ana Ermida expresa “un agradecemento especial a tódalas persoas que fan posible o desenvolvemento destas visitas” e anima á participación da veciñanza e visitantes.
Tódalas visitas son gratuítas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse, no prazo correspondente, a través da páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Actualidade e Axenda”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



