A conselleira do Mar, Marta Villaverde, abordou en Madrid coa secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, vías para reforzar a coordinación operativa entre o Ministerio e o Servizo de Gardacostas
Madrid, 3 de xullo de 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse coa secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, co obxectivo de reforzar a colaboración institucional e perfeccionar a coordinación entre ambas administracións. O encontro, no que a titular galega estivo acompañada polo subdirector xeral de Gardacostas, Juan Carlos Codesido, serviu para constatar a importancia de afondar no traballo conxunto para garantir unha explotación sustentable dos recursos mariños.
Na xuntanza, a delegación galega abordou a necesidade de avanzar na integración de sistemas informáticos de supervisión e control de cotas e da comercialización dos produtos da pesca e a acuicultura. A posta en marcha de outros mecanismos permitirá mellorar a eficiencia dos recursos públicos sobre o litoral, dotando aos equipos de inspección dun ecosistema unificado para actuar con maior celeridade.
Marta Villaverde sinalou que este intercambio fluído de información recíproca e a suma de esforzos entre o Goberno central e a Xunta resultan claves para o desenvolvemento dunha vixilancia intelixente e coordinada. Ademais, unificar criterios preventivos e loxísticos optimiza as tarefas de control da actividade pesqueira e dota de maior seguridade e estabilidade a toda a cadea mar-industria.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



