Trabada, 3 de xullo de 2026 .O Concello de Trabada vén de acadar unha nova subvención a través do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para continuar coa renovación do alumeado público en diferentes parroquias do municipio.
O proxecto presentado polo Concello supón un investimento total de algo máis de 35.000 euros, dos que máis de 26.000 euros serán financiados mediante esta axuda, mentres que o Concello achegará arredor de 9.000 euros con fondos propios.
A actuación consistirá na substitución de luminarias en diferentes puntos do concello, concretamente na parroquia de Vilapena, na parroquia de Vilaformán —nos núcleos da igrexa e de Vilasusá—, na Praza do Concello, na parroquia de Trabada, así como nos lugares de Leirado e Vilafernando.
O obxectivo destas actuacións é instalar novas luminarias con tecnoloxía LED, de menor consumo enerxético, que permitirán mellorar a iluminación e avanzar cara a unha maior eficiencia enerxética e sustentabilidade.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos aproveitando todas as liñas de axuda para avanzar na modernización do alumeado público e reducir o consumo enerxético, ao tempo que melloramos a iluminación nos diferentes núcleos do concello”.
O rexedor lembrou ademais que “esta actuación súmase a outra xa anunciada hai unhas semanas para continuar coa substitución de luminarias noutras zonas da parroquia de Trabada, co obxectivo de ir renovando progresivamente todo o alumeado do municipio con tecnoloxía LED”.
Desde o Concello sinalan que este tipo de proxectos forman parte da aposta municipal por mellorar os servizos públicos, reducir custos e avanzar cara a un modelo máis eficiente e sostible.
























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



