A decisión foi adoptada por unanimidade polo Padroado da Fundación durante a reunión celebrada o pasado 24 de xuño
El Franco, 3 de xullo, 2026. O Concello de El Franco foi distinguido co recoñecemento “Comer Salud”, concedido pola Fundación Grande Covián, en recoñecemento ao traballo desenvolvido desde o consistorio para fomentar hábitos de vida saudables entre a poboación do municipio. A decisión foi adoptada por unanimidade polo Padroado da Fundación durante a reunión celebrada o pasado 24 de xuño, e comunicada ao consistorio a través dunha carta remitida á alcaldesa de El Franco, Cecilia Pérez.
A Fundación quixo recoñecer o Programa de Alimentación e Exercicio Físico impulsado polo Concello. Unha iniciativa que combina a promoción dunha alimentación equilibrada coa práctica regular de actividade física como ferramentas para mellorar a saúde e a calidade de vida da cidadanía.
Na comunicación oficial, a entidade destaca que este tipo de programas contribúen a previr enfermidades metabólicas e representan un exemplo de como as administracións locais poden desempeñar un papel activo na promoción da saúde pública. O Padroado considera, ademais, que resulta prioritario recoñecer aquelas institucións que impulsan iniciativas capaces de xerar un impacto positivo e duradeiro no benestar da poboación.
A alcaldesa de El Franco, Cecilia Pérez, valorou este recoñecemento como “un respaldo al trabajo que el Ayuntamiento viene desarrollando desde hace años en materia de promoción de hábitos saludables”. “Recibir una distinción de una institución del prestigio de la Fundación Grande Covián supone un estímulo para seguir impulsando políticas que mejoren la calidad de vida de nuestros vecinos”, sinala.
A rexedora quixo agradecer tamén a implicación de todas as persoas que fan posible o desenvolvemento deste programa, desde o persoal municipal ata os profesionais, asociacións e participantes que colaboran activamente nas distintas actividades organizadas ao longo do ano. A entrega oficial do galardón terá lugar nunha data aínda por concretar.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



