A Presidenta da Deputación puxo en valor un informe do Eixo Atlántico que vincula o reto demográfico cos grandes incendios forestais e reivindica a prevención e a xestión activa do territorio como principais ferramentas para reducir o risco
Lugo, 14 de xullo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou este martes que combater a despoboación é unha ferramenta chave na prevención dos lumes. Unhas declaracións que realizou durante a presentación do Análise da relación entre despoboamento rural e cambio nos réximes de incendios do Sureste Europeo no Pazo de San Marcos. O informe, impulsado polo Eixo Atlántico e elaborado polo enxeñeiro forestal Juan Picos, sinala a revitalización do territorio como unha das principais ferramentas para reducir o risco dos grandes lumes.
Carmela López destacou que “na provincia de Lugo sabemos ben do que falamos cando falamos de incendios forestais. Vímolos xa este verán e sufrímolos nos últimos anos, con lumes que deixaron unha fonda pegada, especialmente na Ribeira Sacra”.
“Este é o cambio de modelo que Galicia necesita. Non podemos conformarnos cun sistema que concentra os esforzos na extinción. A prevención debe ocupar o lugar central, con planificación, con recursos suficientes e cunha xestión activa do territorio durante os doce meses do ano”, argumentou.
Puxo sobre a mesa a Presidenta que “a ciencia confirma o que o rural leva moito tempo advertindo: o abandono do territorio, a perda da actividade agraria e forestal e o despoboamento aumentan o risco e fan que os incendios sexan cada vez máis difíciles de controlar. Esa realidade non admite improvisación, require políticas sostidas no tempo”.
Sinalou que desde a Deputación “seguiremos asumindo as nosas responsabilidades: colaborando cos concellos, investindo no rural e contribuíndo a manter vivo o territorio”, pero que “Galicia merece unha política forestal á altura do reto que ten por diante”.
Dez anos de evolución demográfica e de incendios
O estudo, que presentaron o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o propio autor, analiza a evolución demográfica e os incendios rexistrados entre 2016 e 2026 en máis de 4.400 unidades administrativas de España, Francia e Portugal. Os datos obtidos confirman a estreita relación que existe entre o abandono do medio rural, o envellecemento da poboación e a proliferación dos grandes lumes forestais.
Segundo explicou Picos, o abandono da actividade agrícola, gandeira e forestal favorece a expansión das matogueiras, a acumulación de combustible vexetal e a perda da paisaxe en mosaico, un elemento clave para frear a propagación do lume. Factores aos que se suma o envellecemento, a perda de servizos básicos a diminución da capacidade de xestión do territorio ou o cambio climático, elevando o risco de incendios extremos.
Unha ferramenta para orientar as políticas locais
As medidas propostas no texto para frear esta tendencia pasan pola recuperación da actividade no sector primario, a conservación das paisaxes diversificadas, o impulso do relevo xeracional ou unha xestión que limite a acumulación de biomasa.
Elaborado no marco do programa europeo SUDOE, este análise está dispoñible na web do Eixo Atlántico –https://www.eixoatlantico.com– e pon a disposición dos municipios de Galicia e o norte de Portugal unha ferramenta de referencia para orientar as políticas locais de prevención e de ordenación do territorio.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



