O casting, organizado en colaboración co Concello de Burela, seleccionará figuración e pequenos papeis para a nova película de Patxi Isasti, que se rodará este outono na Mariña
Burela, 7 de xullo de 2026. A Casa da Cultura de Burela acollerá os próximo xoves 9 e venres 10 de xullo un casting presencial para participar en Aguas Rotas, a nova longametraxe de Patxi Isasti producida por IAE, cuxa rodaxe será o vindeiro mes de novembro de 2026 en distintos puntos da Mariña.
A convocatoria está organizada por Let’s Casting, en colaboración coa produtora Tréboa, Vértigo Films e o Concello de Burela, co obxectivo de incorporar á película persoas da comarca e reforzar o carácter local dunha produción profundamente vencellada ao territorio.
O casting está dirixido a homes e mulleres de entre 15 e 85 anos, así como a nenas de entre 5 e 8 anos residentes na Mariña. Non é necesario contar con experiencia previa, xa que, segundo explican dende a organización, búscanse perfís naturais que acheguen autenticidade á historia. A participación na rodaxe será remunerada.
As probas serán na Casa da Cultura de Burela en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, os días xoves 9 e venres 10 de xullo. Para evitar esperas, a organización recomenda reservar cita previa escribindo a info@letscasting.com ou chamando ao +34 641 686 227.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



