Ribadeo, 29 de xullo, 2026. A Garda Civil detivo un veciño de Ribadeo, de 18 anos, como presunto autor dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas.
A actuación policial tivo lugar o pasado xoves, cando unha patrulla do posto de Ribadeo procedeu á identificación dos ocupantes dun turismo. Durante o control, un deles amosaba un evidente estado de nerviosismo e os axentes percibiron un forte cheiro característico de substancias cannábicas procedente do interior do vehículo.
Tras realizar un cacheo superficial a un dos ocupantes, os axentes localizaron no peto dereito da chaqueta unha caixa de tabaco que contiña unha peza compacta de suposto polen de haxix cun peso aproximado de 33 gramos.
Posteriormente, o detido manifestou voluntariamente que gardaba outra peza da mesma substancia no seu domicilio e fixo entrega dela aos axentes. En total, a droga intervida alcanzou un peso aproximado de 50 gramos.
Así mesmo, a Garda Civil incautou unha báscula de precisión e dúas bolsas de plástico con peche hermético, útiles habitualmente empregados para o fraccionamento e distribución de substancias estupefacientes.
As dilixencias instruídas, xunto co detido e os efectos intervidos, foron postos a disposición do Xulgado de Mondoñedo.

























As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



