O BOP publica hoxe a resolución provisional da convocatoria, que conta cun orzamento de 660.000 euros
Lugo, 16 de xullo de 2026. Máis de 240 clubs e entidades deportivas da provincia recibirán as axudas para actividade competitiva da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a resolución provisional da convocatoria cun orzamento total de 660.000 euros, que se distribúen así entre o tecido deportivo de toda a provincia.
O importe das achegas oscila entre os 800 e os 6.000 euros, en función dos criterios establecidos nas bases da convocatoria, que ten en conta o rendemento deportivo, a incidencia social do club, o ámbito territorial, os anos de creación da entidade ou o persoal contratado, ademais de primar, de forma transversal, aos clubs con equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes.
O vicepresidente Efrén Castro destacou que “se trata da principal liña de investimento da área de Deportes e da convocatoria de concorrencia competitiva con maior dotación orzamentaria das que se realizan desde a Deputación de Lugo, unha mostra do compromiso desta institución coa promoción do deporte”. “É un dos recursos fundamentais para o mantemento do tecido deportivo, especialmente dos clubs de base e amateur que facilitan o acceso ao deporte e promoven a actividade física en todo o territorio”.
Coa publicación da resolución no BOP, ábrese un prazo de 10 días para presentar alegacións.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



