A programación de Cine na Rúa inclúe propostas infantís, familiares e para público adulto, ademais de producións galegas
Burela, 2 de xullo de 2026. O Concello de Burela presenta unha nova edición do programa Cine na Rúa, que levará durante os meses de xullo e agosto cinco proxeccións cinematográficas a diferentes espazos da vila.
A programación foi deseñada para chegar a públicos de todas as idades, cunha selección variada que inclúe cine infantil, familiar e para público adulto, así como producións galegas. Todas as sesións comezarán ás 22:30 horas.
A primeira proxección terá lugar o 9 de xullo, na praza da Mariña, coa película de animación ‘Del revés 2’. O 16 de xullo, a praza do Concello acollerá ‘Antes de nós’, unha produción galega centrada na figura de Castelao.
A programación de xullo completarase o día 30, na praza da Mariña, coa comedia familiar ‘¿Quién es quién?’.
O cine continuará no mes de agosto. O día 6, a praza das Casas Baratas acollerá a proxección de ‘Mufasa: El rey león’, unha proposta dirixida especialmente ao público infantil e familiar. Finalmente, o 20 de agosto, a praza do Concello será o escenario da película galega ‘Rondallas’.
Con esta iniciativa, o Concello de Burela busca ofrecer alternativas culturais e de lecer durante as noites de verán, achegar o cinema a toda a veciñanza e dinamizar distintos espazos públicos da localidade.























Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.


