Xove, 2 de xullo, 2026. En Xove, este sábado 4 de xullo ás 12:00 h, a Praia de Esteiro será o escenario dunha xornada de limpeza e monitorización da contaminación plástica mariña organizada por Universal Plastic dentro da estratexia de sustentabilidade e innovación do Resurrection Fest, que continúa reforzando o seu compromiso co territorio máis aló do ámbito musical.
Durante a actividade, voluntarios e técnicos rexistrarán información sobre os residuos atopados seguindo protocolos científicos, xerando datos ambientais que posteriormente serán integrados no espazo de datos ONDAS, unha infraestrutura dixital desenvolvida por Universal Plastic para transformar información dispersa en intelixencia útil para a toma de decisións públicas.
A iniciativa enmárcase nos obxectivos do ODS 14 das Nacións Unidas (Vida Submarina) e contribúe ao desenvolvemento de novas ferramentas para mellorar a xestión das costas, fortalecer a resiliencia dos ecosistemas mariños e apoiar políticas públicas baseadas en datos.
“Cada limpeza non só retira plástico do medio natural. Tamén xera información que permite comprender mellor como chega a contaminación, como evoluciona e que medidas poden aplicarse para previla.”
A tecnoloxía utilizada forma parte dun proxecto financiado pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA) para o desenvolvemento dun espazo de datos especializado en contaminación plástica mariña, conectado con ODIS, o sistema internacional coordinado pola Comisión Oceanográfica Intergobernamental da UNESCO (UNESCO‑IOC).
Turismo, ciencia e innovación en Xove
A xornada contará coa participación do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Cecilia Duarte, poñendo en valor o papel das administracións locais na incorporación da innovación tecnolóxica e na xestión dos seus recursos naturais.
Os datos obtidos permitirán identificar patróns de acumulación de residuos e apoiar futuras estratexias de conservación e mantemento da Praia de Esteiro, contribuíndo a preservar un dos principais activos turísticos do municipio.
O obxectivo é que esta información axude a desenvolver solucións cada vez máis eficaces para manter as praias en mellores condicións durante todo o ano, reforzando a imaxe de Xove como un destino comprometido coa sustentabilidade e a calidade ambiental.
Resurrection Fest: sustentabilidade baseada en datos
Con esta iniciativa, o Resurrection Fest dá un paso máis na súa estratexia de responsabilidade corporativa, incorporando a xeración de datos ambientais como parte do seu compromiso co territorio onde se celebra o festival.
A colaboración con Universal Plastic permite que as accións ambientais non se limiten a limpezas puntuais, senón que contribúan á creación de coñecemento científico e ao desenvolvemento de ferramentas dixitais que poderán ser utilizadas por administracións públicas, investigadores e entidades ambientais para mellorar a xestión do litoral.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



