Os populares denuncian que o inmoble permanece sen uso e deteriorándose, malia o seu potencial para albergar servizos administrativos ou locais para asociacións e colectivos
Vilalba, 1 de xullo de 2026. O PP leva ao Senado o abandono da antiga Casa Sindical de Vilalba e esixe coñecer o seu futuro a través dunha resposta oficial por parte do Goberno. Para iso, os representantes lucenses na Cámara Alta -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- diríxense formalmente ao Ministerio de Traballo e Economía Social a petición do PP de Vilalba para coñecer que uso ten previsto para o inmoble.
Os populares explican que “este edificio, na actualidade, permanece sen uso”. E engaden que “se está deteriorando porque ten goteiras”; pero “é totalmente recuperable”. De feito, unha vez acondicionado poderíase aproveitar por parte do Concello ou de asociacións e colectivos de Vilalba.
Os populares consideran “unha pena desaproveitar un inmoble público situado nunha ubicación céntrica, na Praza da Constitución, e con potencial para albergar servizos ou equipamentos de interese para os veciños e veciñas”. Nese sentido, tamén se preguntan se o goberno local que preside a alcaldesa socialista “se interesou ante o Goberno de España polo estado deste inmoble público”.
O propio Goberno confirmou en resposta a unha iniciativa parlamentaria previa dos senadores na Cámara Alta que a antiga Casa Sindical é un inmoble de titularidade da Administración Xeral do Estado integrada no Patrimonio Sindical Acumulado que xestiona o Ministerio de Traballo e Economía Social.
O edificio foi construído en torno ao ano 1960 e destinado orixinalmente a distintos
usos administrativos. Máis recentemente o inmoble e as súas dependencias acolleron diferentes sede de organización sindicais e agrarias.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



