No comezo desta nova xeira quero empezar falando da situación na que viven hoxe as democracias.
Decía Winston Churchill que a democracia é o peor sistema de goberno, a excepción de todos os demais que se inventaron. Unha reflexión coa que non se pode estar en desacordo cando consideras que é o único sistema político que permite a todo cidadán loitar polos seus dereitos e defendelos sen necesidade de empregar a violencia .
Pero este sistema leva uns anos, nomeadamente dende a crise económica do 2008, perdendo forza e calidade na medida en que se foron debilitando valores e obxetivos compartidos e diminuíndo, desta forma, a cohesión social. Pero este deterioro non é algo innato ao propio sistema democrático, senón un feito buscado por axentes interesados no súa degradación e debilitamento, aproveitando o descontento social que emerxe con forza a raíz da crise económica do 2008, e co claro obxectivo de propiciar fórmulas políticas máis propicias aos particulares intereses de grupos de poder que nada teñen que ver co interese xeral.
A fórmula máis empregada para conquerir este obxetivo de degradar e debilitar as democracias céntrase en crispar e polarizar as sociedades, utilizando como principal instrumento as redes sociais, dende onde se busca intoxicar e desinformar mediante bulos, mentiras e medias verdades e crispar as sociedade xerando conflitos artificiais e incitando ao odio para dividir, enfrentar e destruir a cohesión social.
Esta dinámica perversa, ademais de crispar e polarizar a unha parte da sociedade, provoca tamén cansanzo e desinterese noutra parte polo constante ruído, escándalos e espectáculos que nada aportan á solución dos problemas reais que afectan á cidadanía.
Xa que logo, semella estarmos diante dunha estratexia que ademais de funcionar como dique de contención frente ao toda posibilidade transformadora que mellore as vida da xente, actúa tamén como un disolvente que paseniñamente vai degradando e debilitando as democracias.
Polo tanto, resulta un deber ético e político de todo aquel que se sinta demócrata, defendela e protexela por diante de calquera outra consideración partidista xa que, como dixen: a democracia é o único instrumento político que nos permite á xente do común loitar polos nosos dereitos e defendelos sen necesidade de exercer as violencia.



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



