Viveiro, 3 de decembro de 2018.- A Xunta está a traballar no que será o primeiro plan de conservación do monumento natural do Souto da Retorta, coñecido por albergar o emblemático eucalipto O Avó de Chavín. Así o avanzou esta mañá en Viveiro a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso da presentación oficial do selo que Correos acaba de emitir en homenaxe a esta árbore.
O obxectivo da Xunta, segundo explicou a conselleira, será avanzar ao longo do próximo ano na elaboración do plan de conservación, co que se buscará protexer e conservar o Souto da Retorta, un conxunto de gran beleza e un dos 8 monumentos naturais que existen en Galicia desde que fora declarado como tal no ano 2000.
O elemento principal e máis coñecido deste espazo é un enorme eucalipto chamado O Avó de Chavín. Trátase dun exemplar moi singular, segundo remarcou a conselleira, tanto polo seu tamaño, que o converte nun dos eucaliptos máis altos de Europa; como pola súa antigüidade, que se calcula entre os 106 e os 138 anos; ou a súa peculiar morfoloxía, cunha base con forma de pata de elefante.
Todas estas particularidades valéronlle ao Avó de Chavín para ser recoñecido como un dos 150 exemplares que forman parte do Catálogo galego de Árbores Senlleiras, un rexistro público dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecedoras dunha protección especial en atención ás súas características excepcionais. O Avó tamén recibiu en 2010 o premio Árbore do Ano que outorga a ONG Bosques sen Fronteiras e a Fundación Biodiversidade.
Debido a estes e a outros recoñecementos, o eucalipto de Chavín é na actualidade a árbore máis famosa de Galicia na súa especie, unha fama que Ángeles Vázquez cre que se multiplicará grazas ao selo que Correos lle acaba de dedicar dentro da súa serie Flora, coa que xa homenaxeara no seu día a exemplares históricos como, por exemplo, a Árbore de Gernika.
Cunha tirada de 960.000 exemplares distribuídos nun prego con seis unidades cada un, o selo está deseñado con forma de folla de eucalipto e leva impregnado o singular aroma destas árbores.
Investimentos en patrimonio natural
A titular de Medio Ambiente aproveitou a súa visita ao Souto da Retorta para subliñar que a protección do patrimonio natural galego seguirá a ser unha prioridade para a Xunta o próximo exercicio. Así se reflicte nos orzamentos de 2019, nos que este departamento reserva máis de 32 millóns de euros a este obxectivo, ou en novidades lexislativas como a futura Lei de Patrimonio Natural, que o próximo ano será remitida ao Parlamento co fin de sentar as bases para protexer de forma máis eficiente a nosa riqueza ecolóxica.
Nesta liña, Ángeles Vázquez tamén se referiu aos máis de 70.000 euros investidos pola Xunta nestes últimos anos no acondicionamento e posta en valor do monumento natural do Souto da Retorta, un esforzo ao que se lle dará continuidade e que virá completar tamén o futuro plan de conservación deste espa























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



