Lugo, 9 de xaneiro de 2019. A Administración autonómica apoiou no último ano a 909 empresas lucenses a través de diferentes programas de axudas que permitiron mobilizar na provincia de Lugo investimentos por valor de 140,2 millóns de euros.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, fixo balance das achegas concedidas en 2018, que sumaron 42 millóns de euros. “A Xunta é con moita diferenza a Administración que máis está a investir e máis se está a preocupar pola saúde do tecido produtivo da provincia de Lugo”, salientou Balseiro, “destinando fondos a impulsar a actividade e mellorar a competitividade das nosas empresas”.
O delegado apuntou que na provincia de Lugo, “a Xunta presta especial atención a todas aquelas empresas que, dun xeito ou doutro, están relacionadas cos nosos sectores primarios e que son capaces de darlle valor engadido e saída á produción dos nosos gandeiros, agricultores e pescadores, que son un piar fundamental na economía lucense”.
Peso específico do Medio Rural
O sector agrogandeiro tivo un peso específico dentro do conxunto das iniciativas respaldadas polo do Goberno galego. A Consellería do Medio Rural concedeu 34,4 millóns de euros en achegas a 562 empresas, que comprometeron investimentos por 110,5 millóns de euros, con especial atención aos plans de mellora de explotacións e ás empresas alimentarias, de comercialización e transformación dos produtos agrícolas e gandeiros.
Ao mesmo tempo, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) outorgou 154 achegas por valor de 2,7 millóns de euros a través dos diferentes programas que ten en marcha para facilitar os procesos de creación, consolidación ou crecemento empresarial, fomentando a mobilización de 10,7 millóns de euros.
Balseiro destacou tamén os fondos destinados ao sector do mar, “outra das locomotoras económicas da provincia”, que, segundo explicou, recibiu 2,5 millóns de euros en achegas a 17 empresas para investir 15,5 millón de euros. Así mesmo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria beneficiou en total a 152 empresas mediante os plans de apoio ao sector mineiro e outras liñas de axuda como as destinadas a pemes de nova creación, a mellorar a eficiencia enerxética ou a implantar enerxías renovables, entre outras (as achegas sumaron 1,9 millón de euros e o capital mobilizado é de 3 millóns de euros).
Paralelamente, o programa de mellora de infraestruturas hoteleiras da Consellería de Cultura e Turismo chegou a 11 empresas luguesas con axudas por valor de 169.000 euros, e outras 13 foron beneficiarias de 134.000 euros en achegas do Plan Emega de Igualdade, que depende da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
“O goberno galego”, subliñou Balseiro, “non escatima esforzos á hora de colaborar con empresarios e comerciantes asentados na provincia de Lugo, que cada día se esforzan porque o seu negocio saia adiante, para contribuír a que podan mellorar a súa competitividade e favorecer que continúen a xerar riqueza, crear postos de traballo e axudar a fixar poboación na zona rural”.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



