Lugo, 10 de xaneiro de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, o patrocinado, Jaime Perozo, así os organizadores do evento Oscar García e Eric Ribiere, presentou este xoves no Parador de Turismo de Ribadeo o Illa Pancha Challenge. Trátase dun evento de surf no que 24 profesionais de prestixio internacional tentarán surfear O Panchorro: unha onda duns 20 metros que se produce fronte a illa Pancha. O Goberno converteu a Deputación na principal administración colaboradora cunha achega de 12.000 euros.
Campos Conde destacou que: “este evento vai contar cunha gran repercusión internacional, pois espera reunir na Mariña durante a súa celebración a unhas 7.000 persoas, así como acadar máis de 150.000 visitas na web que retransmitira en directo a proba deportiva. Trátase dun escaparate único que servirá para dar a coñecer a nosa provincia en xeral e a Mariña en particular máis alá das fronteiras do país, unha gran oportunidade para dinamizar e promover turisticamente a nosa provincia. Deste xeito, Lugo converterase durante uns días na capital mundial do surf”.
“Na Mariña temos as características perfectas para celebrar este tipo de eventos: máis de 100 quilómetros de costa e case 20 puntos destacados para a práctica de surf, o que fai da costa lucense un destino de excepción para deportistas e amantes das ondas de todo o mundo”, apuntou.
Así, no Illa Pancha Challenge haberá un grande equipo de medios audiovisuais de distintos puntos de Europa que cubrirán esta proba deportiva. Tamén se emitirá en streaming a través da páxina: http://illapanchachallenge.com/. Ademais da axuda económica, a Deputación colaborará no evento a través da TIC que se encargará de dar soporte audiovisual e cubrir o evento.
O Panchorro
As ondas mínimas para que o campionato se leve a cabo son de 7 metros, aínda que se espera que o Panchorro oscile entre os 15 e 20 metros. Unha das características máis salientables desta onda é a súa proximidade coa costa, propiciada polas particularidades do fondo da illa, xa que noutros lugares de Galicia podemos atopar ondas desta magnitude, pero normalmente a varios quilómetros da costa.
O período de espera, simbolizado coa luz verde do Faro, comezou o 1 de xaneiro e esténdese ata finais de marzo. Durante estes meses, considerados como os máis propicios polas condicións climatolóxicas, monitorizaránse as borrascas que se acheguen a costa. Seis días antes da chegada das borrascas, a luz do Faro cambiará a ámbar. De manterse esta situación climática, e 3 días antes de que a borrasca toque terra, volve cambiar a luz que pasará a ser vermella. Ese será o momento no que comezan os preparativos para o desenvolvemento do evento.
Hai que ter en conta que o Panchorro é practicante unha parede infinita de auga, que se eleva considerablemente e que implica que os 25 participantes sexan especialistas con grande experiencia e anos de preparación, pois son os únicos que poden surfear a onda coa maior seguridade posible. Cada un dos participantes disporá dunha moto de auga á súa disposición que remolcará a súa táboa ata que poidan tomar a ola.
Deporte e ecoloxismo
O evento ten como obxectivos, ademais da propia competición de ondas xigantes, crear un encontro entre os deportistas, o público e o medio natural, incentivando unha serie de practicas respectuosas, coa finalidade de que o impacto ambiental sexa cero. Trátase dunha zona con numerosas proteccións medioambientais: está incluída na rede natura 2000 e forma parte de rutas de migración de aves. O que se pretende é dar a coñecer este enclave natural único de xeito respectuoso e sostible.
Participantes de recoñecemento internacional
Nesta competición, a primeira deste tipo en España e a terceira do mundo, participarán surfistas de recoñecido prestixio internacional, os mellores dentro da especialidade das ondas xigantes. Entre eles están Grant Twig Baker, Campión do mundo sobre ondas xigantes, ou Andrew Cottom, actual “lider” de ondas xigantes.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
