Nota de Prensa
Grupo Popular tamén propiciou outro acordo unánime para un maior control no tocante á verificación do cumprimento das condicións sociolaborais nas que desenvolve a súa actividade a flota de palangre de superficie
O PPDEG POSIBILITA UN ACORDO PARLAMENTARIO PARA VALORAR OS DANOS E BUSCAR A FORMULA MAIS AXEITADA PARA ARTELLAR AXUDAS AO SECTOR PESQUEIRO POLO TEMPORAL DO MES DE XANEIRO
* Para o voceiro de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, “non podemos cometer o mesmo erro de xestión que o ocorrido co Klaus no que se habilitaron partidas que foron insuficientes”
* Balseiro Orol contrastou na súa intervención a “pronta reacción e dedicación” da Conselleira do Mar coa falta de interese de Carmen Gallego con respecto as riadas do 2006
* PPdeG é favorable a habilitar unha liña de axudas aos damnificados polo temporal unha vez cuantificadas as perdas
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2010.- O PPdeG posibilitou hoxe o acordo na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento co fin de valorar os danos e buscar a formula mais axeitada para artellar axudas ao sector pesqueiro, marisqueiro e mexilloeiro damnificado polos efectos dos temporais sufridos en xaneiro de 2010 na nosa Comunidade. Para o voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro “non podemos cometer os mesmos erros de xestión que no Klaus no que se habilitaron partidas que resultaron insuficientes”. Na iniciativa final aprobada, consensuada por todos os grupos, tamén se engadiu que se fora preciso as axudas foran de caracter económico, financeiro e social.
Balseiro indicou na súa intervención que o temporal do pasado mes “puxo de relevo unha forma ben distinta de actuar” e contrastou a “pronta reacción e dedicación” da Conselleira do Mar, poñéndose en contacto cos representantes das zonas afectadas dende primeira hora e mobilizando todo un operativo de Gardacostas e Portos de Galicia , coa falta de interese e “desaparición do mapa de Carmen Gallego” respecto das riadas do 2006.
O voceiro do Mar defendeu habilitar as axudas facendo un uso eficiente dos recursos, realizando unha valoración previa dos danos, ver os bens afectados e cuantificar as perdas. O PPdeG tamén é favorable a habilitar unha liña de axudas aos damnificados polo temporal unha vez cuantificadas as perdas.
FLOTA DE PALANGRE DE SUPERFICIE
O Grupo Popular tamén propiciou un acordo unánime para una maior control no tocante á verificación do cumprimento das condicións sociolaborais nas que desenvolve a súa actividade a flota de palangre de superficie. Neste sector habitualmente os titulados náutico pesqueiros galegos son substituídos progresivamente por traballadores foráneos, cando chegan a portos estranxeiros, sen o mínimo control por parte das delegacións consulares españolas.
Os populares consensuaron con nacionalistas e socialistas un acordo final no que lograron introducir a través da transacción dunha emenda un emprazamento as delegacións do Ministerio de Asuntos Exteriores para que emitan as instrucións oportunas dirixidas a consulados e embaixadas. A idea final, segundo indicou o voceiro do Mar do PPdeG, é que estes organismos realicen un maior control no momento do despacho dos buques, verificando o número de tripulantes españois que permanecen no barco, na entrada e na saída do porto, e o relativo ás cotizacións a seguridade social, salarios, titulacións e xornadas laborais.
O PPdeG tamén introduciu no acordo final unha referencia para que o Consello Galego de Relacións Laborais intermedie entre sindicatos e organizacións patronais do sector de palangre de superficie ao obxecto de impulsar un convenio colectivo.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



