A Lei Orgánica Xeral Penitenciaria dispón que cada área territorial habería ter establecementos con capacidade abonda para satisfacer as necesidades de reclusión e evitar o desarraigo social dos penados. As Regras Penitenciarias Europeas dispoñen que os presos han ser destinados ao cárcere máis preto do seu domicilio que resulte posíbel. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ten condenado o afastamento xeográfico dos presos con respecto á súa residencia familiar como vulneración do dereito fundamental á protección da súa vida familiar. As familias non poden ser obxecto do castigo.
Son ducias as persoas galegas cumprindo penas fóra do noso País, cando temos nel cinco cárceres (Monterroso, Teixeiro, A Lama, Bonxe e Pereiro de Aguiar), abondas para aloxalas. O problema é que a Administración penitenciaria española usa ás veces o afastamento das persoas presas como mecanismo adicional de represión, en aberta violación da lexislación e xurisprudencia estatal e europea.
Un suposto especial é o caso dos presos independentistas Roberto R. Fiallega e Eduardo Vigo, condenados por posesión de explosivos e falsidade documental con pertenza á banda armada a 13 anos e 9 meses de prisión, logo de que o Tribunal Spremo rebaixase a inicial penal de 18 anos imposta por un Tribunal da Audiencia Nacional presidido por Alfonso Guevara, que amosou na dirección dos debates do xuizo, aló por xuño de 2013, unha evidente hostilidade e parcialidade. De seren xulgados por calquera das Seccións penais das catro Audiencias de Galicia as penas para os seus delictos (certamente graves, malia que a pertenza a unha organización específicamente terrorista sexa moi discutíbel) non acadarían nin a metade da súa extensión. Outravolta a AN como Tribunal de excepción, máís pendente de reprimir ca de administrar unha xustiza neutral.
R. Fiallega e Vigo cumpren sentenza nos cárceres casteláns de Ocaña e Dueñas. A súa situación agrávase pola rigorosidade da súa cualificación penitenciaria, en primeiro grao, tendo que botar 20 horas ao día na cela- Tamén o preso independentista Raúl Agulheiro, condenado en conformidade a sete anos e medio de prisión, cumpre a pena en Villabona (Asturias), lonxe do fogar familiar.
As súas familias e os amigos da Asociación Que Voltem! só piden que poidan cumprir cadansúas penas na Galicia e que se lles aplique o réxime ordinario. Humanizarmos a pena, afastándonos dun exceso represivo impropio dunha democracia.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



