Burela 21-1-19. O realizador nado en Nois (Foz), Manuel Gil Castro, residente en Burela, adapta e dirixe esta curtametraxe baseada en “Saxo Tenor” de Roberto Vidal Bolaño. Tamén participa como axudante de dirección David Mon, veciño de Burela. Un importante elenco de actores e actrices galegas participan: Miguel Pernas, Laura Ponte, María Mera, Marta Doviro, Déborah Vukusic, Saamira Ganay, Alberto Rolán, Alejandro Carro, Xosé Bonome e Xosé Eirín. Participa tamén o fillo po propio Roberto Vidal Bolaño, Roi, facendo o persoaxe do Sinatra. Esta semana pasada presentouse en sociedade o trailer desta curta gravada na cidade da Coruña, coa producción executiva da Escola de Imaxe e Son, e a colaboración dos concellos de A Coruña e Oleiros.
Presentado o trailer de “O jazz dos proscritos”
Presentado o trailer de “O jazz dos proscritos”
Relacionado
-
Ribadeo asina un novo convenio coa Xunta para realizar melloras na Escola de Música
-
Acisa, coa colaboración da OPP Burela, organiza as I Xornadas da xarda de Ribadeo, do 17 ó 19 de maio
-
O PP de Foz cre que ao alcalde lle molesta que sexa o propio sector o que planifique as inversións de Portos no concello