Lugo, 21 de xaneiro de 2019.- A Consellería do Medio Rural apoio a máis de 3.300 produtores de leite da provincia de Lugo con axudas directas que superaron os 16 millóns de euros.
Así o deu a coñecer o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, quen fixo balance das achegas que durante 2018 a administración autonómica destinou a este sector considerado estratéxico na economía lucense, “e piar para moitas familias e para moitos concellos rurais da provincia”
Máis de 3.600 explotacións de leite
Para forzar esta afirmación o delgado lembrou que Lugo lidera, de xeito moi destacado, a produción de leite en Galicia e tamén no conxunto de España. “Producimos entorno ás 1,2 millóns de toneladas anuais. Isto significa que Lugo representa máis do 50% da produción láctea do conxunto da comunidade e preto do 19% da española”. Ademais na provincia de Lugo hai máis de 3.600 explotacións, que efectuaron entregas de leite, isto é, con vacas en produción.
“Falamos dun sector estratéxico para a economía lucense, xa que logo, si sumamos a contribución directa do lácteo en termos de valor, e incluímos ese amplo grupo de actividades vinculadas (transporte, produción de pensos, etcétera) o seu peso representa entorno ao 12% do Produto Interior Bruto (PIB) e o 18% do emprego da nosa provincia”
Distribución das achegas
Balseiro explicou que o groso das achegas -16 millóns de euros e 3.300 produtores- distribuíronse a través do programa específico que para as explotacións de leite prevé o Fondo Galego de Garantía Agraria.
Con todo, á cifra total sería maior xa que os produtores leiteiros de Lugo tamén recibiron outras axudas adicionais: como as resultantes do programa de mellora das explotacións e fomento de novas incorporacións de mozos, e tamén as achegas directas establecidas para zonas con limitacións naturais, para produción ecolóxica e agroambientais.
En ambos casos pode facerse unha estimación (porque os produtores non teñen que declarar a actividade concreta que realizan) pero suporía engadir 5,9 millóns de euros adicionais e ao redor de medio millar de beneficiarios.
Convenios de colaboración
Balseiro tamén quixo poñer en valor outros apoios indirectos, como é o caso dos convenios de colaboración que a Xunta asinou a nivel autonómico –pero con incidencia tamén para a provincia de Lugo- con Africor (para o control leiteiro en especial de vacas de raza frisona) e con LIGAL o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite, que reciben cada ano entorno a 700.000 e 455.000 euros de apoio respectivamente.
Finalmente, cómpre salientar a participación que a Xunta ten en dous centros de vangarda desde o punto de vista da investigación aplicada ao medio rural e, en particular, á produción gandeira. Son Xenética Fontao e o CETAL (Centro Tecnolóxico Agroalimentario), ambos con sede en Lugo.
Xenética Fontao é unha empresa pública autonómica, creada en 1998 e adscrita á Consellería do Medio Rural, e que conta con financiamento conxunto entre a Xunta e as asociacións de gandeiros (orzamento 4,1M€). O seu principal obxectivo é contribuír a que a cabana bovina galega consiga altos niveis de produción, tanto de leite como de carne, e uns elevados índices de calidade xenética.
Polo que respecta ao CETAL, trátase dun organismo estatal creado en 2007 e no que tamén participa a Xunta. O seu obxectivo é a investigación, no sector agroalimentario, incluído o relativo ao sector lácteo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



