Foz 29-01-2019. O PSdeG-PSOE de Foz rexistrou a semana pasada unha moción, para que a Corporación, acorde instar á Xunta de Galicia a dar cobertura dende o primeiro día as baixas, vacacións ou reducións de xornada dos médicos e persoal sanitario do centro de saúde de Foz e para que conceda a axuda necesaria para cubrir a praza de logopeda no servizo de atención temperá que atende aos nenos de diferentes concellos da comarca, entre eles o de Foz.
Unha das necesidades prioritarias de calquera municipio, no que ao estado de benestar se refire, é a asistencia sanitaria. A situación actual en Foz é deficitaria e con importantes carencias asistenciais, non se cobren vacacións, baixas, ou reducións de xornadas dos profesionais do centro de saúde.- denuncian os socialistas
Este feito tradúcese, nunha carga de traballo extra para os outros facultativos e unha saturación das outras consultas o que, en definitiva, supón unha merma da calidade asistencial que reciben os veciños e veciñas de Foz.
Os profesionais dos centros de saúde e os PAC están en pé de guerra en toda Galicia, tamén en Foz, protestando pola precariedade laboral existente na atención primaria e pola saturación e sobre carga de traballo que teñen ao ter que asumir os cupos dos facultativos ausentes, mobilizacións que contan con todo o apoio dos socialistas de Foz.
Capitulo aparte merece pediatría, na que a titular do servizo ten solicitado a xornada reducida e non se cubre o horario restante por parte da Consellería de Sanidade, obrigando a que os nenos e nenas que necesitan atención pediátrica e non se poden citar dentro do horario no que exerce a pediatra, se vexan obrigados a acudir aos médicos de familia ou ao hospital.
Feitos como os acaecidos, no pasado nadal, onde o servizo estivo sen cubrir por vacacións da pediatra repítense cada vez que esta profesional, ou outros, exercen o seu dereito de vacacións.
Vemos como a atención sanitaria dos nosos nenos e nenas se deteriora día a día, non so no centro de saúde de Foz, senón tamén en servizos como a atención temperá, dependente do Concello de Burela partir dunha subvención concedida por Política Social da Xunta. Onde a logopeda que prestaba o servizo á comarca rematou o contrato, sen que o ente autonómico conceda novo financiamento para renovar o seu contrato ou contratar un novo profesional, o que obriga a estes pacientes de tan corta idade, con trastornos no seu desenrolo ou en risco de padécelos, a desprazarse a Lugo ou acudir a un servizo privado para recibir o tratamento necesario ou preventivo.
O grupo socialista espera acadar o acordo da corporación para, por un lado, instar á Xunta de Galicia a dar cobertura inmediata aos profesionais cando estes estean de baixa ou en períodos vacacionais, a dar cobertura a parte correspondente á xornada reducida do pediatra do centro de saúde de Foz e por outro, a que se proceda a conceder as axudas necesarias para cubrir, no servizo de atención temperá de Burela, a praza de logopeda vacante tras rematar o contrato do profesional que o prestaba, sen que teña que ser o goberno socialista concello de Burela o que vexa na tesitura de ter que cubrir a carencia deste profesional para prestar un servizo do que dependen mais de 40 nenos entre cero e seis anos de oito concellos comarca, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Cervo, Alfoz Lourenzá e Barreiros.




















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



