Burela, 30 de xaneiro de 2019. O Concello de Burela distribuirá entre os centros de ensino 1.000 exemplares dos dous libros presentados este mércores polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben. Un versa sobre un ben tan prezado como é a auga e o outro, protagonizado polos Bolechas, céntrase na solidariedade e a integración.
O rexedor burelés explicou que “a intención, a través de Medio Ambiente e de Servizos Sociais, foi facer dúas publicacións. Unha delas é relativa á auga. En Burela amamos a auga é o título que ten este libro, onde se explica de onde nos surtimos nosoutros, cales son as canalizacións e as nosas fontes para abastecernos en Burela. Ademais faise un repaso xeral da importancia que ten a auga, cada vez máis hai que procurar ter a auga nas mellores condicións posibles, de onde proceda tamén mantelo limpo, e con garantías constantemente. Consideramos que este libro é moi importante no aspecto veciñal, de informar e de aprender. É unha guía moi boa para saber sempre que se pode facer coa auga, como se pode aforrar e como se pode utilizar na vida doméstica. A importancia da auga agora mesmo no aspecto de que pode escasear, de que hai etapas que pode haber máis e outras menos, sempre mantela nas mellores condicións e aforrar o máximo posible. Polo tanto, como consideramos que é un libro bo e importante para os rapaces que están facendo Primaria, Secundaria e os ciclos formativos de Medio Ambiente, imos repartilo para a semana que ven por todos e cada un dos colexios e institutos de Burela”.
Alfredo Llano engadiu que “o outro libro que imos repartir é dos Bolechas. Conta unha historia de integración e solidariedade, na que se ven perfectamente os lugares do noso concello e que se identifican moi ben. Vai moi ben para os rapaces máis pequenos e polo tanto imos repartilo nas escolas infantís e tamén nos colexios de Primaria”.
O alcalde de Burela declarou que “imos facer este reparto de dúas publicacións que fixo o Concello, pensando na mellor maneira de divulgar e de mentalizar no aspecto da auga, e tamén de favorecer a integración e a solidariedade a través dos Bolechas. Isto é algo que se fai desde as Concellerías de Medio Ambiente e de Servizos Sociais”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



