MONDOÑEDO .- Dentro do programa Km0 da Deputación, un grupo de mulleres Rurais de Bóveda visitaron a Ponte do Pasatempo en Mondoñedo. Ademais da Mariña, a Terra Chá, a Ribeira Sacra e a Montaña son os destinos elixidos polos 316 participantes desta semana no programa da Deputación
Nota de Prensa
Mulleres Rurais de Bóveda estrean con Km0 a ruta
“Ponte do Pasatempo”, en Mondoñedo
Ademais da Mariña, a Terra Chá, a Ribeira Sacra e a Montaña son os destinos
elexidos polos 316 participantes desta semana no programa da Deputación
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Rede Viaria Provincial e Alcalde de Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño, recibiron este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación Amas de Casa “Río Miño” de Meira e a outro do CEIP Veleiro Docampo de Castro de Rei, dentro de Km0. Deputación de Lugo. En total, 316 persoas participarán esta semana nas 6 rutas do programa de visitas institucionais e medioambientais que promove o organismo provincial.
Logo de seren recibidos na Deputación e de coñecer o Centro de Artesanía e Deseño, os 55 veciños de Meira desprazáronse ata a Terra Chá, onde visitaron o seguidor solar, a Torre dos Andrade, o Museo Arqueolóxico e a charca de Alligal. Pola súa banda, os 55 estudantes de Castro de Rei elexiron o Concello de Ribadeo. Neste municipio percorreron o Centro de Cultivos Mariños, o Mosteiro das Clarisas e o casco histórico. O itinerario tamén incluiu unha travesía fluvial pola ría. Dentro dos centros e lugares dependentes da Deputación, visitaron a Insua Seivane e Piago.
O mércores, 48 integrantes da Asociación “Camiña con Nós” de Friol decantaranse pola Ribeira Sacra. Antes de deprazarse á zona sur da provincia onde coñecerán os muíños de Xábrega e os Canóns do Sil, visitarán a Insua Seivane e Piago. Este mesmo día, 55 alumnos, de 11 e 12 anos, do colexio María Auxiliadora de Lugo viaxarán ata o Cebreiro. Nesta localidade farán a ruta de sendeirismo ata o primeiro hito francés, e visitarán o Museo Etnográfico, o albergue e a igrexa de Santa María A Real. Asimesmo, tamén subirán ó monte da Cruz e percorrerán a Fundación TIC e o centro de aves do río Rato.
Polo que se refire ó xoves, 48 membros da Asociación Veciñal “Pensando en Todos” de Cospeiro farán un percorrido en catamarán por Amandi, ademais de facer a ruta a pé ata Pena do Castelo. Dentro do centros da institución provincial, o elexido será a produtora da Fundación TIC. Finalmente, 55 membros da Asociación de Mulleres Rurais “Amencer” de Bóveda estrearán a ruta “Ponte do Pasatempo”, que discorre polo Concello de Mondoñedo. No municipio mariñano, achegaranse ata o Museo Diocesano e coñecerán como se elaboran as tartas que lle dan nome a esta localidade. O percorrido inclúe unha visita ó zoqueiro que elabora zapatos de xeito artesanal e un paseo polo barrio dos Muíños. Antes de viaxar ata a Mariña, farán parada na oleiría de Bonxe. estrean con Km0 a ruta
“Ponte do Pasatempo”, en Mondoñedo
Ademais da Mariña, a Terra Chá, a Ribeira Sacra e a Montaña son os destinos
elexidos polos 316 participantes desta semana no programa da Deputación
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Rede Viaria Provincial e Alcalde de Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño, recibiron este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación Amas de Casa “Río Miño” de Meira e a outro do CEIP Veleiro Docampo de Castro de Rei, dentro de Km0. Deputación de Lugo. En total, 316 persoas participarán esta semana nas 6 rutas do programa de visitas institucionais e medioambientais que promove o organismo provincial.
Logo de seren recibidos na Deputación e de coñecer o Centro de Artesanía e Deseño, os 55 veciños de Meira desprazáronse ata a Terra Chá, onde visitaron o seguidor solar, a Torre dos Andrade, o Museo Arqueolóxico e a charca de Alligal. Pola súa banda, os 55 estudantes de Castro de Rei elexiron o Concello de Ribadeo. Neste municipio percorreron o Centro de Cultivos Mariños, o Mosteiro das Clarisas e o casco histórico. O itinerario tamén incluiu unha travesía fluvial pola ría. Dentro dos centros e lugares dependentes da Deputación, visitaron a Insua Seivane e Piago.
O mércores, 48 integrantes da Asociación “Camiña con Nós” de Friol decantaranse pola Ribeira Sacra. Antes de deprazarse á zona sur da provincia onde coñecerán os muíños de Xábrega e os Canóns do Sil, visitarán a Insua Seivane e Piago. Este mesmo día, 55 alumnos, de 11 e 12 anos, do colexio María Auxiliadora de Lugo viaxarán ata o Cebreiro. Nesta localidade farán a ruta de sendeirismo ata o primeiro hito francés, e visitarán o Museo Etnográfico, o albergue e a igrexa de Santa María A Real. Asimesmo, tamén subirán ó monte da Cruz e percorrerán a Fundación TIC e o centro de aves do río Rato.
Polo que se refire ó xoves, 48 membros da Asociación Veciñal “Pensando en Todos” de Cospeiro farán un percorrido en catamarán por Amandi, ademais de facer a ruta a pé ata Pena do Castelo. Dentro do centros da institución provincial, o elexido será a produtora da Fundación TIC. Finalmente, 55 membros da Asociación de Mulleres Rurais “Amencer” de Bóveda estrearán a ruta “Ponte do Pasatempo”, que discorre polo Concello de Mondoñedo. No municipio mariñano, achegaranse ata o Museo Diocesano e coñecerán como se elaboran as tartas que lle dan nome a esta localidade. O percorrido inclúe unha visita ó zoqueiro que elabora zapatos de xeito artesanal e un paseo polo barrio dos Muíños. Antes de viaxar ata a Mariña, farán parada na oleiría de Bonxe.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



