SAN CIBRAO .- Unha decena de establecementos de hostalería participan na Festa do Ourizo de San Cibrao que se celebra o sábado, día 6 de marzo. Tamén haberá xornadas técnicas sobre o Ourrizo e concurso gastronómico.
Nota de Pre4nssa
FESTA DO OURIZO – SAN CIPRIÁN 2010
SÁBADO, 6 DE MARZO DE 2010
PROGRAMA
X XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO
12:00 h INAUGURACIÓN DAS VIII XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO
no Museo Provincial do Mar
12:15 h RELATORIO
“O ERIZO: A COMERCIALIZACIÓN COMO ESTRATEXIA DE FUTURO”
a cargo de don Antonio Rodríguez Fernández – Xefe do Servizo de Mercados da Consellería do Mar
13:00 h CLAUSURA DAS X XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O OURIZO
IX CONCURSO GASTRONÓMICO DO OURIZO
13:30 h ENTREGA DE PLATOS E CONSTITUCIÓN DO XURADO
No Museo Provincial do Mar
Concurso aberto aos locais de hostalería participantes na festa
13:45 h CATA E DELIBERACIÓN DO XURADO
14:00 h ENTREGA DE PREMIOS E DISTINCIÓNS DO CONCURSO
XIX DEGUSTACIÓN – FESTA DO OURIZO DE SAN CIPRIÁN
A partir das 14:00 H: DEGUSTACIÓN DE OURIZO COCIDO E CRU NUNHA CARPA INSTALADA NA PRAZOLETA, FRONTE AO MUSEO DO MAR
18:00 h DEGUSTACIÓN DE ESPECIALIDADES NOS LOCAIS PARTICIPANTES:
* Cafetería Buenavista
* Bar Candal
* A Bodega
* Pizzería O Trasgo
* Bar Restaurante O Noso Lar
* A Cosecha
* Cervecería O Encontro
* Bar Restaurante O Castelo
* Café – Bar Camarote
* Cafetería C.I.T.
Con pasarrúas a cargo da charanga MANCA NA CHEDA de Mondoñedo e dos gaiteiros de AIRIÑOS DO XUNCO de Cervo
00:00 h VERBENA na carpa instalada na Prazoleta amenizada por GRUPO ESTRELLAEs posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.



















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



