Burela, a 6 de febreiro de 2019. Manuel Rouco, candidato do PP á alcaldía de Burela, anunciou hoxe que “o Grupo Municipal Popular presentará para o seu debate no Pleno ordinario que se vai celebrar mañá xoves unha moción solicitando a revisión das últimas doce facturas emitidas pola empresa Geseco, actual concesionaria do servizo de recollida de lixo, limpeza viaria e de praias e xestión do punto limpo”.
O popular indicou que “o pasado luns o Grupo Municipal Popular solicitou por escrito ao alcalde a revisión destas facturas logo de que o propio Partido Popular presentase a principios de ano un escrito solicitando esta revisión ante os indicios de que se puidera estar incumprindo o contrato e os pregos que no seu día serviron de base para a adxudicación do servizo no que se refire á cobertura dos postos de traballo e tamén á realización de certos servizos como por exemplo o lavado de colectores e o baldeo mecánico das rúas da nosa vila, fundamentalmente”.
Rouco entende que “tódolos grupos políticos, tanto o PSOE coma o BNG, deberían votar a favor desta iniciativa; xa que se non hai problema nesas facturas e os contratos e os pregos se están cumprindo tal e como figura nos mesmos, non tería que haber ningún inconveniente para que o alcalde e o propio Grupo Socialista autorizasen a revisión destas facturas”.
O candidato do PP á alcaldía considera que “tódolos grupos políticos e tódolos concelleiros que forman parte da Corporación municipal teñen a obriga de velar polos intereses do Concello e do conxunto dos cidadáns do municipio de Burela”. Polo tanto, “calquera concelleiro ou grupo municipal pode presentar unha iniciativa deste tipo”.
Rouco indicou que, dende o seu punto de vista, “o alcalde e o Grupo Socialista deberían proceder a esa revisión para eliminar calquera tipo de dúbida que puidera haber. Nós estamos a favor de que se revisen: se todo está ben, non pasada nada; pero se hai algún tipo de problema habería que falalo coa empresa para que o Concello non saia perdendo nin a nivel económico nin con respecto á calidade do servizo que se está prestando e que, dende o noso punto de vista, deixa moito que desexar”.



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



