A Mariña, 15 de febreiro de 2019. A Plataforma Sanitaria denuncia a política do SERGAS de derivación para intervencións cirúrxicas a Lugo e Coruña e a penalización ás persoas que , por falta de recursos económicos non poden desprazarse a ditas cidades.
O colectivo expón o caso dun paciente que sufriu rotura de menisco en xeonllo esquerdo que presentou reclamación en Atención ao Paciente con data de 14 de febreiro de 2019 e número de rexistro 542 ,e que amosa a súa indignación co SERGAS,pois trátase dun enfermo sen recursos económicos que se sinte abandonado polo sistema.
O paciente acude á consulta de Traumatoloxía e o día 26 de xuño de 2018 entra en lista de agarda para ser intervido cirúrxicamente. Na primeira semana de xullo é chamado desde o Hospital da Mariña para ofertarlle a operación na privada de Lugo ou Coruña . “ Eu non me neguei a ir á privada , simplemente expliquei que a miña situación social e económica impídeme desprazarme a máis de cen quilómetros se o SERGAS non me abona os gastos de desplazamento, algo que desde o Servizo de Saúde rexeitaron”- comenta indignado.
Desde o momento en que o paciente solicita o pago dos gastos para poder desplazarse até o hospital privado e obtén unha negativa por resposta, a maiores pasa a unha lista B ( non estrutural, chámanlle na EOXI ) para ser operado no Hospital da Mariña. Por ista razón ponse en contacto coa Plataforma Sanitaria para solicitar axuda na redacción e rexistro da pertinente reclamación, xa que desexa denunciar públicamente este agravio e facendo responsable á Xerencia do Hospital da Mariña das consecuencias para laborais e para a súa saúde que supón este castigo, e sen descartar a vía xudicial. “ Por riba de estar enfermo, con moita dor , con incapacidade funcional e con risco de perder o meu emprego pola longa baixa son penalizado a unha lista paralela por non dispor de recursos económicos”- relata emocionado.
Desde a este colectivo sanitario esiximos á Xerencia do Hospital que comece a poñerse no lugar dos veciños e veciñas en lugar de acatar ao dediño as directrices que lle marcan desde as cúpulas do SERGAS e do goberno da Xunta.” Ás veces faise necesario, para defender os intereses dos máis débiles e desprotexidos, actúar con certa insubmisión e enfrentarse a quen carece de sensibilidade e empatía, xa que a sanidade é un ben común que debe tratarnos a tod@s por igual, independentemente de onde vivamos e dos nosos recursos económicos”- conclúen desde a Plataforma Sanitaria.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



