CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, fixeron esta tarde entrega dos cheques de axuda para a compra de libros e material escolar do actual curso 2009-2010 a 29 alumnos de segundo ciclo de Educación Infantil do municipio.
Nota de Prensa
O CONCELLO OUTORGA MÁIS DE 3.000 EUROS EN AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA OS ALUMNOS DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
* Na presente convocatoria recibíronse un total de 35 solicitudes, das cales 29 foron as que se axustaban ás bases para ter dereito a percibir estas axudas
* A liña de axudas municipais dirixida á Educación supera os 60.000 euros anuais
Cervo, 24 de febreiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, fixeron esta tarde entrega dos cheques de axuda para a compra de libros e material escolar do actual curso 2009-2010 a 29 alumnos de segundo ciclo de Educación Infantil do municipio.
Na presente convocatoria recibíronse no Concello un total de 35 solicitudes, das cales 29 foron as que se axustaban ás bases para ter dereito a percibir estas axudas, segundo o valorado polos servizos xurídicos e de intervención municipais. A cuantía total destas subvencións ascende a 3.335 euros e as cantidades asignadas a cada un dos beneficiarios oscila entre os 77 euros e os 212, dependendo do nivel de renda de cada un deles.
No acto de entrega das axudas, o alcalde salientou que o Concello era consciente da demanda social deste tipo de axudas. Neste senso lembrou que Cervo é un dos municipios pioneiros da comarca da Mariña na posta en marcha deste tipo de axudas. “Dende hai anos que vimos apostando pola Educación como motor principal do futuro deste municipio” asegurou o rexedor cervense.
Segundo Villares, así o reflicten “estas e outras moitas axudas” que ten o Concello relativas co sistema educativo no termo municipal “coma son as axudas ao transporte, ás asociacións de Nais e Pais, ou a contratación de conserxes en tódolos colexios do municipio” indicou o rexedior.
“Estas liñas de subvencións municipais -dixo- superan anualmente os 60.000 euros sen contar os gastos de mantemento dos colexios, os cales todos os Concellos estamos obrigados a afrontar. Pretendemos, en definitiva, contribuír a facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación dos nenos e nenas do noso municipio”. Neste senso asegurou que o equipo de Goberno local seguirá traballando “para fomentar o ensino de calidade entre os nosos rapaces”.
Coincidindo co inicio do curso escolar, a concellería de Educación do Concello de Cervo convoca anualmente a liña de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar destinada aos alumnos do segundo ciclo de Educación Infantil do concello.
Nesta convocatoria podían optar ás axudas aquelas unidades familiares empadroadas no municipio que tiveran fillos de tres a cinco anos (segundo ciclo de Educación Infantil) e que non superaran o 150% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) per cápita.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



