Outra boa nova para o cadete laranxa Jorge Quelle. Tras o seu periplo desta fin de semana coa Selección Galega na final do Campionato de España Sub-16 de Las Rozas, hoxe mesmo a Xoia Laranxa recibiu a convocatoria de nada máis e nada menos que España Sub-17. O xogador de base do Pescados Rubén Burela FS participará na concentración da Vermella en Mallorca, entre o 24 e o 28 de febreiro, para disputar senllos amigables fronte a Portugal, en Calviá e Capdepera.
España Sub-17 reclama a Jorge Quelle
España Sub-17 reclama a Jorge Quelle
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada