Ribadeo 20-2-19. Seguimos sacando á luz pública as nosas reflexións coa intención de enriquecer o debate entre a veciñanza e as forzas políticas, sempre coa vista posta en chegar a acordos en beneficio do ben común. Van hoxe unhas liñas sobre a xestión da auga en Ribadeo. Para En Marea o acceso á auga é un dereito, e para garantilo é preciso xestionala desde o Concello. A actual liña de xestión privada prioriza a obtención de beneficios fronte ó fomento do aforro, esencial para un futuro sustentable do noso concello. Neste contexto, é preciso elaborar unha auditoría da xestión de Viaqua como primeiro chanzo no camiño da remunicipalización da xestión. A tarifa ribadense factura un mínimo de 20m3 bimensuais -equivalentes a 333 litros diarios por vivenda- cantidade que corresponde ó consumo razoable dunha familia de 5 membros, polo que case ningún titular chega a consumilos. Desde En Marea propoñemos reducir o mínimo de consumo á metade -10m3 bimensuais-, e iniciar un estudo para axustalo ás persoas empadroadas en cada vivenda. A partir do mínimo o prezo da auga incrementaríase para promover o aforro, mudanza que non pretende recadar máis senón reducir o consumo de auga, acompañándoa de xornadas informativas e reparto gratuíto de dispositivos de aforro de auga. A maiores do coñecido problema da obsolescencia da nosa condución de abastecemento -que debe pasar dunha vez das declaracións nos medios ás mesas de negociación entre administracións-, a auga da traída ten a miúdo un forte sabor a cloro que leva a moitas veciñas a mercar auga embotellada -que custa a 300€/m3 e xera residuos plásticos-. Este problema, e os lixiviados da pranta de Irmandiños en Barreiros aconsellan un esforzo de transparencia nas analíticas calidade da auga da rede (incluíndo metais pesados, pesticidas e disruptores endocrinos) e traballar outras medidas cara á mellora do seu sabor e da seguridade sanitaria de todas. Seguindo co abastecemento, o Concello debe implicarse no mantemento e control das fontes públicas e captacións veciñais, realizando análises periodicamente. As fontes e mananciais tradicionais poden achegar un recurso de calidade superior ás captacións fluviais que nos abastecen a día de hoxe, constituíndo un recurso estratéxico a conservar para as vindeiras xeracións. Respecto do saneamento, debemos facer un seguimento do funcionamento da depuradora e da xestión dos lodos. No rural, propoñemos un plan para a dotar progresivamente os núcleos rurais con pequenas redes conectadas a sistemas de depuración por lagoaxe e filtro verde. Finalmente, pensamos que é tempo xa de recuperar a contorna da vella depuradora na desembocadura do río de Vilaselán (aspecto este que será tratado máis polo miúdo noutro apartado do noso programa). Pero a auga do noso concello é máis ca rede de consumo e saneamento: nun contexto global de incerteza climática, mais cunha prognose de maior incidencia de secas e inundacións, debemos respectar e coidar as nosas lagoas, turbeiras, mananciais, regos, ríos, esteiros e praias. A baixa da pesca e do marisqueo, a maiores do quencemento global é consecuencia do noso descoido, unha situación que cómpre mudar entre todas, afastando das masas de auga usos contaminantes e plantacións forestais, e traballlando na prevención de verteduras de empresas e granxas, que afectan á calidade da auga e á vida acuática. Certamente o Concello non ten competencia sobre o Dominio Público Hidráulico, pero pode asinar convenios coas autoridades competentes (Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Augas de Galicia) para cooperar na sensibilización, vixianza e mantemento, en colaboración coa veciñanza e a través de programas de voluntariado ambiental.
EN MAREA RIBADEO





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



