Cervo 11-3-19. No acto de inauguración da man da edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, participou o alumnado de 1° de BACH do IES Marqués de Sargadelos, e que poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 26 de marzo.
A mostra, complemento da Festa do ourizo que se celebrará o vindeiro sábado 16 de marzo, foi elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA); e o obxectivo pasa por sensibilizar ao público visitante arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso cultural e económico; dar a coñecer a figura das áreas mariñas protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e do litoral, e sinalar o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.
A información que se pode atopar nos paneis estrutúrase en catro bloques: recursos do mar, problemáticas de conservación, a pesca en Galicia e as Áreas Mariñas Protexidas.
Ademais a exposición tamén inclúe un documental de vinte minutos de duración no que se abordan estas temáticas.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



