Lugo, 12 de marzo de 2019. O Goberno da Deputación ofrece formación gratuíta a técnicos municipais de 15 Concellos da Mariña a través do Curso de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) orientado á xestión técnica municipal, desenvolvese ata o 29 de marzo nas dependencias da AULA CEMIT de Burela. Está impartido por técnicos do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da Universidade de Santiago no Campus Lucense. A formación consiste no emprego de Sistemas de Información Xeográfica co uso do programa de software libre Quantum GIS(QGIS). Desta maneira os técnicos municipais dos concellos da Mariña Lucense poderán coñecer dita ferramenta tan demandada e tan pouco empregada na administración local.
Os Sistemas de Información Xeográfica e a Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais serven para elaborar planos con cartografía totalmente actualizada, mellorando a calidade nos informes municipais. Ademais ditos programas poderán empregarse como instrumento básico de análise e valoración dos bens e servizos dos concellos, así como para a planificación do territorio que se xestiona.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



