Ribadeo 13-3-19. A proposta cultural de En Marea pretende manter o bo da traxectoria actual reorientándoa para mudar o foco da promoción turística cara ó servizo da veciñanza, -especialmente á nenez e á xuventude- e promover a creación cultural fronte ó mero consumo. As ideas, simples propostas abertas ó debate, parten coma sempre ca creación dun foro: un Consello de Cultura e Deportes aberto ás asociacións e clubes que analice demandas e priorice investimentos dun xeito transparente e participativo.
Ainda que contamos cunha oferta cultural aceptable, cómpre recuperar o circuíto de teatro da Xunta, abrirse a compañías de fóra de Galicia e facilitar as salas do Concello para espectáculos -de pago ou gratuítos- que permitan ser de novo unha referenza comarcal, con artistas de nivel estatal durante todos os meses do ano.
Precisamos mellorar a oferta de infraestruturas culturais, complementando a Biblioteca Municipal -excesivamente afastada- cunha nova sala de lecer, consulta e/ou estudo na zona nova da vila. Ademais, Ribadeo precisa unha sala de exposicións que abra a porta a circuitos de alto nivel que hoxe carecen dun espazo axeitado. A sala podería ser a adicada hoxe a oficina de Turismo -que retornaría á súa ubicación orixinal no Campo de Santa María- e contaría cunha comisión asesora formada por especialistas para a selección das coleccións.
Ribadeo conta cunha enorme canteira musical, mais fóra da aprendizaxe na EMMD non hai na vila espazos para ensaiar. Asimesmo, tralo peche do Minibar e do Rockuncho, tampouco contamos con locais onde actuar cara ó público. Desde En Marea propoñemos a adaptación dun local municipal de ensaio dentro da vila, e proactividade para facilitar a apertura de locais cunhas condicións axeitadas de illamento acústico e control de horarios que eviten molestias á veciñanza.
Propoñemos manter a colaboración coa positiva labor das Sociedades Deportivas de Ribadeo -de remo, atletismo, etc.- aumentando as dotacións municipais e atendendo as demandas do seu funcionamento. Singularmente cómpre dar unha solución duradeira e solvente ós problemas do Campo de Fútbol Municipal Pepe Barrera. Máis aló do deporte organizado, a mocidade precisa espazos para o deporte informal, como canchas de baloncesto/futbito próximas ó centro da vila. Salientamos tamén a necesidade dun transporte que permita acceder a estes recursos á veciñanza do rural.
O Concello debe prestar maior atención ás necesidades dos centros de ensino públicos, particularmente CEIP Gregorio Sanz, e traballar pola mellora da oferta educativa: consideramos estratéxicos ciclos medios coma os estudos agroecolóxicos da Escola Pedro Murias e novas titulacións relacionadas co vehículo eléctrico e as renovables no Porta da Auga. No ensino superior, recuperar os cursos universitarios de verán e explorar a implantación en Ribadeo dalgún curso universitario permanente a través da UNED.
Non queremos rematar sen unhas consideracións respecto das festas, expresión tradicional da cultura local que mudou nas últimas décadas a unha competición entre vilas e barrios polo gasto desmedido, o espectáculo sen máis e os decibelios.
Desde En Marea promovemos recuperar músicas locais próximas á nosa cultura e manifestacións artísticas e culturais participativas para todas as idades. Tamén filtros (polo xa mencionado Consello de Cultura e Deportes) que garantan espectáculos que non denigren a dignidade da muller e colectivos LGTBI, que respecten os niveis de ruido e os horarios de descanso, ou que non se ocupen con atraccións de pago os espazos de lecer das máis pequenas. Finalmente, defendemos que o Concello deixe de participar nos actos relixiosos de calquera confesión, evitando a presenza da corporación nas procesións das festas máis aló da asistencia a título persoal.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



