Ribadeo, 14 de marzo de 2019. O departamento de Electricidade do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, está elaborando un dispositivo para accionar as campás dunha igrexa a distancia mediante un teléfono móbil. Para facelo realizaron unha maqueta do campanario da parroquia ribadense de A Devesa. Este proxecto, no participan tamén un centro de Lugo e outro de Betanzos, foi premiado pola Xunta de Galicia cunha dotación económica de 7.900 euros e escollérono para expoñelo na feira FP Innova que celebrará en Santiago no vindeiro mes de maio.
O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga, Benito Fernández Rey, explica que “é un proxecto que presentamos neste instituto e no que colaboramos con outros dous centros, o Xoán Montes, de Lugo, o IES As Mariñas, de Betanzos, e nós somos os coordinadores. A idea xurdiu deste instituto e trátase de automatizar un campanario para poder mandar as campás a través do móbil. A idea primeira foi a través de SMS e tomamos como referencia o campanario da Devesa porque eu lle fixera, bastantes anos atrás, un automatismo pero sen móbil, no propio campanario. Baseándome nese campanario real quería que se fixeran os toques típicos de defuntos, que na Devesa e en todas as demais parroquias por aquí distínguense os toques cando o defunto é un home ou unha muller, e queríamos que se tocaran a distancia, xa que case non hai quen se dedique a isto, que unha persoa desde a súa casa puidera tocar a campá. Despois ten outros toques dunha igrexa para acontecementos, vodas, procesións e o de entrar á misa, que se facían in situ, mentres que co móbil se manda o toque de defuntos”.
Benito Fernández engadiu que “o primeiro que se fixo foi construír unha maqueta pequena simulando o campanario da Devesa coas dúas campás, que construímos no CIFP Porta da Auga entre un profesor de automoción e eu mesmo, que son profesor de electricidade. O cadro montárono en Lugo e o centro de Betanzos tivo como misión gobernar o automatismo da maqueta a través de internet. Ademais de mandar o campanario con SMS desde o teléfono móbil, fíxose unha app para o móbil onde están os toques de defuntos, de procesión e de entrada á misa, todo en tempo real. Iso se presentouse á Consellería, que decidiu darnos o premio en maio de 2018; e desde xaneiro de 2019 o dispositivo xa está en pleno funcionamento e temos o obxectivo de instalalo no campanario da igrexa de A Devesa”.
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



