Lugo, 23 de marzo de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, participaron este sábado no XIII Mercado Tradicional de Primavera do municipio mariñán, co que colabora a Deputación. Ao longo da xornada de onte e hoxe, os veciños caracterizáronse con roupa tradicional, como as zocas, unha sinal de identidade deste sinalado mercado, e rememoraron o pasado labrego da vila. A celebración desta edición do mercado coincide co 125 aniversario da vila.
Campos Conde subliñou que “esta cita é unha oportunidade única para visitar a Mariña Lucense, e ao mesmo tempo desfrutar dun mercado tradicional con todo tipo de eventos como o desfile de zocas, concertos ou a ruta de tapas”.
Durante estas xornadas puidéronse desfrutar de concertos, pasarrúas, desfiles de rozas e roupa tradicional, ruta de tapas, exposición de zoqueiros, demostracións de oficios tradicionais, exhibición de baile, entre outras actividades. A vila tamén presentou decoración acorde coa temática do mercado, houbo demostracións de oficios tradicionais e ruta de tapas. O peche desta edición correu a cargo de Susana Seivane e Ruxe-Ruxe.





















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



