Mondoñedo, 23 de marzo de 2019.- Unhas 40 orquestras actuarán en Mondoñedo entre o 5 e o 7 de abril nun macro festival tributo á verbena, organizado pola Asociación Galega de Orquestras (AGO), que adoita celebrar cada ano a AGO e que serve de promoción ás formacións musicais de cara á tempada que comeza.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto ao edil de Educación e Xuventude, Alberto García, acompañaron esta mañá ao presidente da Asociación Galega de Orquestras, Manolo Fariña, na presentación do cartel deste evento.
Alberto García agradece ao presidente da Asociación Galega de Orquestras que escollesen Mondoñedo para levar a cabo “na nosa cidade este macro festival que traerá ata a cidade as actuacións gratuítas, sen custo para o Concello, de grandes orquestras galegas, que dinamizarán durante estes días a localidade”.
“Apoiamos esta iniciativa e puxémonos á disposición da organización para que este festival de promoción das orquestras tivese lugar en Mondoñedo. Atraerá xente á localidade durante estes días o que, sen lugar a dúbidas se converte nun activo moi positivo para a cidade”, asegura o edil.
Na Alameda dos Remedios, as formacións poñerán música durante 48 horas seguidas dende as 21.00 horas do 5 de abril ata as 21.00 horas do 7 de abril. O programa da que será a verbena máis longa de Galicia está aberto polo que poderá sumar aínda as actuacións de máis formacións musicais da verbena galega.
A iniciativa musical serve de promoción ás orquestras da Asociación Galega. Haberá dous escenarios nos que cada formación presentará a súa respectiva proposta musical, repertorio e espectáculo, de cara a esta tempada. A entrada tamén é de balde.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



