Lugo, 27 de marzo de 2019. A Deputación adapta máis instalacións provinciais ás necesidades de persoas con capacidades diferentes. Os inmobles da Rede Museística Provincial xa están recoñecidos a nivel internacional por non contar con ningún tipo de barreiras arquitectónicas. No Pazo de San Marcos, en cuxa entrada hai un pictograma identificativo para persoas con autismo e conta con dous ascensores para permitir a mobilidade polos distintos andares, vanse a realizar agora obras nos dous aseos para facilitar o seu uso a veciños con mobilidade reducida. O proxecto para estas actuacións xa está listo dende hai tempo, conta cunha partida de 12.000 euros e prevese iniciar proximamente, pois está pendente dos derradeiros permisos que se requiren para poder actuar en patrimonios históricos.
O feito de que o actual Goberno Provincial decidise favorecer en todas as súas programacións e concesión de axudas a persoas con capacidades diferentes, supuxo que un maior números das mesmas acudan a diario ás instalacións provinciais. Ademais, ofrece actividades específicas para estes colectivos. Por exemplo, na Rede Museística.
Nas últimas edicións do Ben Empregado fixouse unha liña específica para contratar a lucenses desempregados con capacidades diferentes coa se que subvenciona ao 100% os seus custos laborais. A través desta iniciativa, hai 70 persoas que traballan hoxe en empresas e colectivos da provincia ás que se tamén se lle financia dende a Deputación o material necesario para que estes profesionais desenvolvan con normalidade o seu labor. Co Plan de 1ª Oportunidade, dirixido a mozos lucenses sen experiencia laboral, tamén se puntuou favorablemente a contratación de persoas con capacidades diferentes, que na actualidade están a traballar na Deputación.
Durante estes días, no Pazo de San Marcos, estanse a celebrar as probas de selección para a contratación de máis de 70 lucenses desempregados en colectivos sociais da provincia a través do Tecendo Emprego, no que tamén se favorece a contratación de veciños no paro con capacidades diferentes que están a participar nestas probas.
De igual xeito, todas as axudas de concorrencia competitiva de deportes e cultura levan claúsulas sociais para primar a colectivos que integran persoas con capacidades diferentes ou deportistas individuais. A Rede Museística Provincial conta cunha ampla programación de actividades que promoven a inclusión social, recoñecida internacionalmente por 11 universidades europeas e a Fundación Ibermuseos.
Todo este amplo traballo supuxo que a Deputación recibise ademais o Premio Galicia de Inclusión Social de Anade, Once Solidariedade, Premio á Iniciativa Insitucional da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, entre outros galardóns.
Obras
As obras que se realizarán agora para adaptar os dous aseos do Pazo de San Marcos consisten na instalación de portas corredoiras de vidro, demolición dos tabiques que separan a zona de baño coa dos lavadoiros para gañar espazo, pasando dos 1,82×1 aos 3,72×1,93 metros. Situaranse inodoros adaptados con asento ergonómico, lavabos adaptado, barras de apoio dobres, que serán abatibles, de aceito inoxidable e duns 85 centímetros de lonxitude.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



