Burela, 2 de abril de 2019. En Burela celebrarase a IV Semana do Deporte, que organiza o Concello, do 3 ao 7 de abril. Haberá talleres de iniciación ao atletismo para nen@s e ao xadrez para adultos, un clínic de pádel e outro de baloncesto no que participarán xogadores do Obradoiro, así como charlas e unha ruta de sendeirismo. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima á veciñanza a acudir ás actividades programadas e agradece a participación das firmas colaboradoras. Na presentación, que tivo lugar este mediodía, participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, xunto a representantes das distintas entidades colaboradoras e o técnico municipal de Deportes, Lucas.
Ramiro Fernández dixo que “desde o Concello, un ano máis, estamos moi orgullosos de que esta actividade siga saíndo adiante. É o cuarto ano e é unha actividade que temos que seguir mantendo no tempo. É verdade que leva moitísimo traballo de organización e a Delegación de Deportes leva moito tempo preparando esta cita, neste caso o técnico de deportes Iván Cao Lucas”.
O edil socialista sinalou que “penso que conseguimos un programa moi atractivo e queremos invitar a todo o mundo a participar, a intención é que todo o que queira poida participar e achegarse máis ao deporte. Agradecer a colaboración de todos os estamentos, colexios e toda a xente que pon o seu grao de area para que isto poida ir adiante, e tamén a inestimable axuda da Deputación Provincial de Lugo, que colabora economicamente para poder desenrolar todos estes actos”.
O concelleiro de Deportes insistiu en “invitar a todo o mundo a participar, estaremos encantados de recibilos a todos e non fai falta ser ningún experto, nin ter ningún tipo de afinidade por algún deporte, simplemente achegarse a coñecer estas actividades que estamos propoñendo. O éxito desta actividade é a participación da xente, se non houbera esa participación non ten moito sentido seguir con isto. É a cuarta edición, quere dicir que a xente está participando, pero non quero perder a oportunidade de animar a máis participación porque penso que canta máis presenza teña dos veciños e das veciñas, ou de calquera tipo de afeccionado a calquera tipo de deporte, isto vai seguir medrando, e esperemos que para o ano que ven poidamos falar da quinta edición da Semana do Deporte e que incluso o programa de actividades sexa mellorado”.
A IV Semana do Deporte de Burela dará comezo o mércores, 3 de abril, cun taller de iniciación ao atletismo, organizados pola Federación Galega de Atletismo, que se desenvolverán nos CEIPS Vista Alegre e Virxe do Carme. Ese mesmo día celebrarase un clínic de baloncesto, coa visita de dous xogadores do Obradoiro ás escolas do CB Burela, e que se desenrolará no pavillón Vista Alegre.
O xoves 4 terá lugar un circuíto deportivo polas escolas infantís coa visita do CD Burela FS Pescados Rubén, e ás 20:00 horas, no salón de conferencias, haberá unha charla titulada Muller e Deporte, na que participarán Pili Neira (fundadora de MUDEGA-Mulleres Deportistas Galegas), Patricia González Mota “Peque” (xogadora do CD Burela FS), Tania Fonte (árbitro asistente internacional de fútbol) e Carla Trillo (atleta local). A mesa redonda será moderada por Suso Vázquez, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo.
O venres 5 a partir das 20:00 horas no pavillón Vista Alegre haberá unha charla sobre primeiros auxilios no deporte a cargo de Camilo Vázquez, do 061, organizada por Semes Galicia.
O sábado, 6 de abril, celebrarase un clínic de pádel a partir das 12:00 horas no Activity Center. Tamén haberá a partir das 16:00 horas, na praza da Mariña, un circuíto infantil de BTT, organizado por Cerezo Bikes.
A IV Semana do Deporte de Burela rematará o domingo, 7 de abril, coa ruta circular de sendeirismo, que sairá de Capitanía Marítima ás 10:00 horas, organizada pola asociación Pasada das Cabras. Ademais haberá un taller de iniciación ao xadrez para adultos, a partir das 11:00 horas, no salón de conferencias, organizado polo clube de xadrez Reyes y Peones. Tamén o domingo terá lugar o torneo de xadrez Reyes y Peones, que se celebrará no pavillón Monte Castelo a partir das 16:00 horas.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
