A Mariña 1-4-19. O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) leva orientadas durante este primeiro trimestre do ano a 1.088 persoas con discapacidade ou con incapacidade laboral recoñecida para a profesión habitual.
Destas persoas orientadas, 402 foron dadas de alta no servizo e entraron a formar parte dunha base de datos que arestora conta con 20.458 persoas inscritas, das que o 35% están traballando e o 65% están en situación de desemprego. Polo tanto, contamos arestora na nosa base de datos con 13.397 persoas que demandan un posto de traballo.
Durante este primeiro trimestre do ano, segundo datos que manexa o SIL de COGAMI, houbo 559 persoas inseridas no mercado laboral galego (306 homes e 253 mulleres), un dato que supón un aumento dun 3,34% con respecto ao ano anterior.
Con respecto á zona da Mariña, contamos 6 persoas inseridas, 5 homes e 1 muller.
Os sectores nos que se produciron estas contratacións foron maioritariamente o sector servizos, coincidindo coa estrutura maioritaria do tecido empresarial. Segundo as zonas, tamén varía a tipoloxía de insercións, por exemplo na comarca da Barbanza existe demanda de postos para o sector conserveiro. A limpeza, atención a persoas, servizos a empresas e a industria manufactureira son outros sectores que demandan persoal laboral con discapacidade.
Segundo explica a coordinadora do Servizo de Emprego de COGAMI (SIL), Mari Carmen Ínsua, “notamos algún avance no mercado con respecto á contratación de persoas con discapacidade”. Ante o ascenso no número de contratacións Mari Carmen Ínsua di que “temos que ser cautos, porque seguen sendo moi inferiores as taxas de emprego nas persoas con discapacidade”. Ademais, tamén indica que dentro da discapacidade “os traballos son en peores condicións en canto a alta taxa de temporalidade e xornada a tempo parcial”.
A falta de cualificación ou a escasa formación son un dos problemas que máis contempla o colectivo das persoas con discapacidade. Moitas das persoas apuntadas na base de datos do SIL de COGAMI teñen que reorientarse ao mercado, por iso dende esta área os asesoran para que se formen con COGAMI nos cursos que cada ano desenvolve, sendo actualmente 28 os que se están impartindo con 345 persoas formándose.
Realizar accións de sensibilización co tecido empresarial é fundamental para que existan oportunidades laborais para persoas con discapacidade. Dende o SIL de COGAMI están a traballar coas empresas como motor de cambio, que sexan comprometidas e que se alíen para a creación dunha sociedade inclusiva e igualitaria. Dende o SIL realizan visitas ás empresa para dar a coñecer o apoio que se lles pode prestar nos seus procesos de selección de persoal con discapacidade, ademais de asesoralas para cubrir a cota de reserva a aquelas que teñen máis de 50 persoas traballando.
SIL de COGAMI
O Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) é un dos principais referentes na especialización dos servizos de emprego. Concentra a maioría das accións dirixidas á busca de emprego. É centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, autorizada como Axencia de Colocación recoñecida co
nº 1200000003, e conta cun equipo formado por 40 profesionais de orientación laboral e axentes de emprego que traballan nas 7 oficinas que ten en Galicia.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.