Os cursos realizados foron dúas edicións do Curso de Esforzo de Integración de 24 horas cada un, un Curso Básico de Camareiro/a de Pisos de 50 horas, un Curso Básico de Ofimática de 50 horas e un Curso de Coidados básicos para a atención a menores de 50 horas. Máis de 50 persoas de distintas nacionalidades participaron satisfactoriamente nestas accións “coas que pretendemos que sexa un paso máis para a súa implicación na importancia da formación e empregabilidade, así como para mellorar o seu grado de integración”, explican desde a Concellería de Inmigración e Cooperación.











Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



