Nota de Prensa
O PPdeG PREGUNTA POLAS PREVISIÓNS DA XUNTA PARA O RESTABLECEMENTO DO SERVIZO DE AUTOPSIAS NOS HOSPITAIS DE BURELA E MONFORTE
· INICIATIVA PARLAMENTARIA: Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Dámaso Rodríguez López se interesan no Parlamento por este servizo que presta o Instituto de Mediciña Legal de Galicia (IMELGA) en colaboración co SERGAS.
· UNHA SITUACIÓN ANÓMALA: Malia que nun primeiro momento o IMELGA acordou a recuperación da práctica das autopsias nos Hospitais da Costa (Burela) e de Monforte, a carencia de facultativos especialistas en medicina legal e as dificultades para cubrir as vacantes destes postos obrigou a que de novo, na práctica, se centralizase a realización das autopsias en Lugo capital
· COHERENCIA: O PP que sempre defendeu a descentralización deste servizo, e que protagonizou na pasada lexislatura unha ofensiva para recuperar a práctica de autopsias nos Hospitais de Burela e Monforte ante a pretensión do bipartito de centralizalas na capital provincial, reclama que se desenvolvan as xestións necesarias para corrixir esta situación.
REFERENCIA
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol e Dámaso López Rodríguez deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 98 e 152 do Regulamento da Cámara presenta, ante esa mesa, a seguinte pregunta URXENTE para a súa resposta oral en Comisión.
Xustificación da urxencia
Os múltiples prexuízos asociados á dilación da práctica de autopsias nos Hospitais da área do Norte e do Sur da provincia lucense obrigan a coñecer as previsións do Goberno galego ao respecto da recuperación deste servizo.
Unha das principais reivindicacións do Partido Popular de Galicia en relación coa mellora da atención sanitaria na pasada lexislatura foi a recuperación no Hospital da Costa (Burela) e no Hospital de Monforte do servizo de autopsias. O Grupo Parlamentario Popular e, de xeito especial, os deputados asinantes desta iniciativa, insistiron en reiteradas ocasións na importancia de contar con este servizo en ambos centros hospitalarios evitando prexuízos innecesarios aos familiares daqueles falecidos que precisaban da practica dun exame forense, unha reivindicación na que cabe insistir por responder ao sentido común e ser de xustiza.
Cómpre subliñar que foi o Partido Popular quen liderou esta petición –fortemente apoiada desde a sociedade civil das comarcas da Mariña e de Monforte- despois de que unha decisión inxustificable do Goberno bipartito, en abril de 2006, acordara a centralización da práctica das autopsias nas instalacións que o Instituto Galego de Medicina Legal (IMELGA) posúe na capital provincial de tal xeito que, os familiares daqueles persoas que falecían nalgún dos concellos lucenses, e cuxo cadáver precisa deste tipo de exames, víanse na obriga de soportar largas esperas que, como media, se sitúan entre as 18 e as 24 horas.
As enormes dilacións na posta a disposición das familias dos cadáveres dos seus seres queridos, motivadas pola necesidade de sometelos a continuos traslados, desde o lugar onde se produciu o deceso ata Lugo, e de alí ata o lugar onde este previsto realizar o funeral, non servían máis que para incrementar a dor e a angustia das familias afectadas por unha dura perda e dificultan a posibilidade de compartir os derradeiros instantes de despedida previos á inhumación.
Malia que nun primeiro momento o IMELGA acordou a recuperación da práctica das autopsias nos Hospitais da Costa (Burela) e de Monforte, a carencia de facultativos especialistas en medicina legal e as dificultades para cubrir as vacantes destes postos, obrigou a que de novo, na práctica, se centralizase a realización das autopsias en Lugo capital. Conscientes desta situación e obxecto de evitar demoras moi prolongadas, os responsables do Goberno autonómico actual dotaron ao IMELGA en Lugo dun maior horario, e se veñen practicando autopsias en horario de tarde, a diferenza do que acontecía na pasada lexislatura do bipartito. En todo caso, o que se presentou como unha situación provisional se está a perpetuar no tempo o que aconsella desenvolver as xestións necesarias para corrixir esta situación e acadar o restablecemento do servizo nos Hospitais da Costa (Burela) e Monforte.
É por iso que, o Grupo Parlamentario Popular e, de xeito especial, os deputados asinantes desta iniciativa, formulan as seguintes preguntas:
1.-) ¿Cales son as previsións da Xunta de Galicia para restablecer o servizo de autopsias nos Hospital da Costa (Burela) e no Hospital de Monforte?

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



