Burela, a 12 de abril de 2019.- O Grupo Municipal do PP burelés asegurou hoxe que Alfredo Llano “volveu a enganar á cidadanía cando no pleno celebrado o pasado 28 de marzo asegurou que o Concello contaba cun anteproxecto para a remodelación do pavillón Vista Alegre e que o licitaría en breve. A día de onte, 11 de abril, o que hai no Concello son cinco follas sobre unha posible remodelación. Non hai nin proxecto, nin anteproxecto da mesma; nin tan sequera memoria económica e, moito menos, documentación administrativa de contratación da redacción dun proxecto ou borradores de convenios con outras administracións para a realización da obra”.
Os edís do PP indican que “facendo historia, o pasado 13 de marzo Llano manifestou en medios informativos que ía remodelar o pavillón Vista Alegre. O día 14 dese mesmo mes, o Grupo Municipal Popular solicitou información sobre esa actuación; pero non se nos contestou. Iso demostra que no Concello non había nada de nada e que todo o que dixera o alcalde non se sostiña con documentos oficiais. No pleno do 28 de marzo fixo o anuncio ao que nos referimos e o día 3 deste mes reiteramos a solicitude de documentación ao que nos contestaron onte”.
Desde o Grupo Municipal Popular manifestan que “a documentación que nos envía o propio alcalde, xa que é el quen asina o documento de remisión, é a seguinte: un escrito, de 21 de xuño de 2017, do presidente do Burela Futsal dirixido ao Concello axuntando o documento da Liga Nacional de Fútbol Sala sobre os requisitos dos pavillóns, esixibles a partires do 01 de xullo do 2018 e que xa están en vigor. Outro escrito enviado vía e-mail polo Burela Futsal ao Concello o 26 de marzo deste ano. Tres follas con outros tantos planos de planta, unha folla cun plano de sección e outra folla cun plano de alzado. As cinco follas feitas en marzo deste ano. E ningunha documentación máis. Con esa documentación non se pode licitar nada porque un proxecto construtivo, mesmo un anteproxecto, é moito máis ca iso. No Concello non hai ningún documento con medicións, prezos, etc., da pretendida obra a realizar; nin tan sequera hai unha memoria valorativa do que se pretende realizar, polo que o alcalde foi moi atrevido facendo o anuncio que fixo. Tanto é así que cando o fixo non había ningunha documentación no Concello”.
Os edís populares aseguran que “tampouco hai iniciado ningún expediente sobre mobilización do remanente de tesourería que ten o Concello para levar a cabo esta obra dado que nos orzamentos do presente 2019 só hai unha partida de 35.000 euros que non chega nin para pagar os honorarios do técnico que realice o proxecto. Tampouco hai ningún borrador de convenio con ningunha administración nin ningún escrito dirixido á Deputación ou Xunta de Galicia solicitando que se cofinancie a obra. En definitiva, a estas alturas estamos sen nada, como xa é habitual, cando o alcalde fai algún anuncio deste tipo”.
Desde o Grupo Municipal Popular de Burela afirman que “o que si é certo é que foi a raíz do noso escrito do pasado 14 de marzo cando comezaron a facer algo porque viron que o asunto se lles ía das mans. Pero a súa incapacidade queda en evidencia cando a única documentación que poden enviarnos, un mes despois do anuncio feito polo alcalde, é a que indicamos. Unha vez máis, e de momento, un anuncio feito polo alcalde de cara á galería”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



