Viveiro, 12 de abril de 2019. O Concello de Viveiro organizou, a través da Concellaría de Turismo, un programa de rutas guiadas a desenvolver durante a Semana Santa, co fin de promocionar o noso concello e ofrecer aos visitantes a posibilidade de disfrutar dalgúns dos nosos recursos máis destacados; estas actividades organízase como para complementar as rutas ofrecidas pola Xunta de Cofradías da Semana Santa e o Centro Comercial Histórico de Viveiro, co fin de dar a coñecer os recursos existentes fóra do casco histórico.
As rutas organizadas son as seguintes:
Luns 15 de abril de 2019. Saída ás 16:00 horas. Vivertren ao “Souto da Retorta”: Unha vez alí realizarase a camiñata ata “O Avó” e continuarase para chegar á “minicentral”. Na visita ofrecerase información do entorno do Río Landro, explicaranse datos e curiosidades da vexetación e tamén se falará da historia da parroquia de Chavín. (Duración estimada: 1 h. 30 min.)
Martes 16 de abril de 2019. Saída ás 16:00 horas. Vivertren á “Área Etnográfica da Insua”: Chegados ao antigo cargadoiro ofrecerase información sobre a historia das Minas de “A Silvarosa” e os sistemas utilizados para a descarga de mineral nos barcos de transporte. Ademais explicaranse datos dos diferentes lugares de Viveiro que se ven dende o mirador. (Duración estimada: 1 h. 30 min.)
Mércores 17 de abril de 2019. Saída 16:00 horas. Ruta ao longo do paseo fluvial do Río Landro: Comenzarase o percorrido na oficina de turismo e remontarase o curso do Río Landro na súa desembocadura. Na ruta explicaranse datos relativos á vexetación, á fauna (centrándose na variedade de aves que se poden avistar ao longo do recorrido), patrimonio, tradicións e lendas que xurden no entorno fluvial. (Duración estimada: 2 h.)
Para participar nestas rutas é preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo. Para as rutas do 15 e 16 de abril, o prazo ábrese o mesmo día da visita a partir das 10:00 horas e ata completar aforo; para participar na ruta do día 17 de abril, as persoas interesadas poden anotarse a partir do sábado 13 de abril.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



